El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Paula Prado: "A igualdade que funciona en Galicia é a que se basea en traballar, lexislar e investir en políticas que beneficien ás mulleres"

08-03-2024 16:12:57
Paula Prado (c), secretaria xeral do PPdeG.

REDACCIÓN | O PPdeG reivindicou hoxe, con motivo do Día Internacional da Muller, que “a igualdade que funciona” é a que se basea en “traballar, lexislar e investir en políticas que beneficien ás mulleres os 365 días do ano como fai o goberno presidido por Alfonso Rueda”. 

“Para que Galicia funcione, ten que facelo en igualdade. E, grazas ás políticas que promovemos desde o PPdeG, Galicia funciona e faino en igualdade”, asegurou a secretaria xeral Paula Prado nun acto celebrado hoxe na sede autonómica. 

Na súa intervención, a número dous dos populares galegos subliñou que en Galicia o PPdeG lidera o voto feminino e que é ademais o partido con máis alcaldesas na nosa Comunidade: “Podemos e debemos sentirnos moi orgullosas do traballo feito ao longo destes anos. Temos moito do que presumir, motivos de sobra para ir coa cabeza ben alta e non imos aceptar que ninguén nos diga como se promove e se defende a igualdade”. 

Neste sentido explicou a importancia de apostar pola conciliación, impulsar o emprendemento feminino, incidir no asesoramento e na posta a disposición de recursos para garantir a independencia das mulleres e loitar contra a violencia de xénero e a trata de seres humanos con fins de explotación sexual. 

Destacou así medidas que fan de Galicia un referente nestes campos como a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos, a cota cero para as autónomas galegas, a regulación do benestar laboral que contempla a Lei de Igualdade, a ampliación da rede de CIM con unidades móbiles anunciada polo presidente Rueda ou os mecanismos legais e axudas económicas que o Goberno galego pon a disposición das vítimas de violencia de xénero. 

“O noso compromiso coa igualdade non se mide nos decibelios dos nosos discursos, senón no número de medidas que fomos implantando ao longo dos anos e nos resultados destas medidas”, concluíu. 


Ningunha lección da esquerda  

Paula Prado reprochou aos partidos de esquerda que prefiran “quedarse só na pancarta e nas arengas para intentar agochar as nefastas consecuencias das súas políticas para as mulleres”, remarcando que desde o PPdeG non van aceptar deles “nin unha soa lección”. 

Recordou a aprobación da Lei do ‘só si é si’, que considera “o maior retroceso nos dereitos das mulleres neste país e o maior ataque ás vítimas de violencia de xénero na nosa historia” e da que culpabilizou ao PSOE: “Nas súas conciencias pesarán sempre os máis de 1.200 delincuentes sexuais que viron rebaixadas as súas penas e os máis de 120 que están na rúa grazas a esta lei”. 

Un PSOE que, ademais, “está moito máis preocupado de lexislar a favor dos independentistas que de lexislar a favor das mulleres” e “non é capaz nin de dar cumprimento ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero que aprobou en 2017 o Goberno de Mariano Rajoy”. 

Recriminou tamén ao BNG o seu apoio a esta lei e a súa negativa a modificala, deixando en evidencia así mesmo que os nacionalistas “se puxeron a medalla de pactar con Pedro Sánchez a creación de xulgados específicos de violencia de xénero en Galicia e calaron cando esta foi a primeira promesa incumprida do seu pacto”.  

“Ao igual que calan ao negarse a condenar a invasión rusa de Ucraína ou os brutais ataques terroristas de Hamás a pesar da evidencia das violacións dos dereitos das mulleres que estes conflitos están producindo”, engadiu. 


A igualdade que funciona  

A benvida ao acto correu a cargo da responsable da Promoción do Emprego e Igualdade en funcións no Goberno galego, Elena Rivo. A continuación tivo lugar unha mesa redonda moderada por Sandra Vázquez e na que interviñeron a presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira, e diversas integrantes das candidaturas provinciais do PPdeG nas eleccións autonómicas do 18 de febreiro: Carmen Pomar, Cristina Campero e Raquel Plana. 

Nas súas intervencións abordaron como foi a súa chegada á política e a importancia da presenza feminina en postos de liderado, así como as medidas recollidas no programa electoral do PPdeG no eido da Igualdade de cara á próxima Lexislatura. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias