El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | CASO PARQUES EÓLICO

O BNG responsabiliza ao PP da inseguridade xurídica do sector eólico e demanda un novo modelo consensuado e ordenado

09-03-2024 12:31:04
Foto de archivo de un Parque Eólico.

REDACCIÓN | Ante a cascada de suspensiones cautelares de novos proxectos eólicos e a consulta do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ao Trinunal de Xustiza da Unión Europea(TJUE) sobre o repecto á normativa europea na tramitación ambiental e  procedementos, o BNG responsabiliza ao PP da inseguridade xurídica do sector eólico e demanda un novo modelo consensuado e ordenado que defenda o medio ambiente e que o retorno dos beneficios económicos e sociais bebeficien aos territorios afectados.  

Para a  deputada electa por Ourense, Noa Presas  "a situación de parálise   e inseguridade xurídica ten un único responsable, o Partido Popular" e acusa ao PP de "gobernar só para as eléctricas". Presas lembra que o PP tumbou a lei e o concurso eólico do Goberno  bipartito, decisión que supuxo  "millóns de euros en indemnizacións". 

Por outra banda, apunta que o PP  tamén modificou a lei eólica en  11 ocasións de forma parcial a través doutras leis, "sen suficiente debate, nin consenso dos axentes implicados" ao que suma a carencia dos estudos necesarios e  falta de participación do CES. Ademais, engade que  segue sen   actualizar un Plan sectorial eólico dende hai  case 30 anos. 

Para a nacionlalista, o actual  modelo "só da problemas, é contestado polos concellos,  organizacións sindicais e agrarias, o  ecoloxismo e  mesmo o Consello da Cultura Galega.  

Entre as moitas eivas que presenta o actual modelo eólico do PP, Noa Presas salienta o risco para  a preservación do medio ambiente e a falta de  beneficios sociais e económicos para Galiza e recalca que "a chapuza lexislativa deixa unha situación no sector  de parálise e inseguridade da que é responsable o Partido popular". 

Ante esta  realidade, o BNG reclama un cambio de modelo e un novo   consenso eólico que priorice as necesidades de Galiza e dos galegos e galegas, apostando pola defensa do medio ambiente e que os beneficios econmicos repercutan nos territorios afectados garantindo a participación social da cidadanía. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias