El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PSdeG acorda o reparto de áreas de traballo para a XII Lexislatura

30-03-2024 12:40:14
O grupo socialista para a XII Lexislatura.

REDACCIÓN | O Grupo Parlamentario acordou o reparto de áreas de traballo entre os seus integrantes para a XII Lexislatura que agora comeza. Tal e como sinalou o portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, o obxectivo é despregar unha oposición firme e construtiva na defensa dos servizos públicos de Galicia e co obxectivo de reivindicar e poñer en valor o traballo do Parlamento como Cámara de representación de tódolos galegos e galegas.  

As parlamentarias e parlamentarios socialistas afrontan unha nova etapa centrada na presentación de propostas alternativas solventes ao goberno do PP pero mantendo o ánimo fiscalizador da actividade da Xunta de Galicia e na atención aos problemas reais dos galegos e das galegas. Os socialistas galegos anunciaron unha oposición en positivo, ademais de responsable e vixilante “para que a Xunta eleve o nivel” e afastada da liña “irresponsable e destrutiva” do PP en Madrid.  

Gómez Besteiro sinalou esta mesma semana que o PSdeG traballará dende o primeiro momento na Cámara autonómica para acadar o crecemento económico de Galicia con máis emprego de calidade. O obxectivo é acadar máis dereitos para os galegos e galegas e a blindaxe duns servizos públicos -Sanidade, Educación ou Dependencia- de calidade como garantía para rematar coas diferenzas entre galegos de primeira e de segunda. 

Os socialistas galegos comprométense a elevar a voz fronte a unha “mala xestión que poña en perigo o futuro de Galicia”, e que logo de 15 anos de gobernos do PP situaron a Galicia á cola dun Estado que está a medrar cinco veces máis que o entorno europeo.  

O propio Besteiro trasladou a súa preocupación por un mercado laboral galego estancado mentres España crea 4 de cada 10 novos postos de traballo en Europa, cun sistema público lastrado por unha xestión que triplicou a débeda pública no sentido contrario ao seu descenso no conxunto do Estado.


Reparto por áreas 


1.- Comisión 1ª 

.- Paloma Castro: Política Exterior, Emigración, Interior, Xustiza, Cooperación e Deportes.  

.- Patricia Iglesias: Calidade Democrática e Transparencia.  

.- Julio Abalde: Administración Pública e Administración Local. 


2.- Comisión 2ª  

.- Carlos López Font: Infraestruturas, Transporte, Ordenación do Territorio e Vivenda. 

.- Paloma Castro: Medio Ambiente. 


3.- Comisión 3ª 

.- Patricia Iglesias: Economía e FacendaElena Espinosa: Orzamentos.  


4.- Comisión 4ª  

.- Silvia Longueira: Cultura e Lingua. 

.- Julio Abalde: Educación e Universidades.  


5.- Comisión 5ª 

.- Elena Espinosa: Sanidade.  

.- Silvia Longueira: Política Social, Mocidade, Voluntariado e LGTBI. 

.- Carmen R. Dacosta: Emprego e Igualdade.  


6.- Comisión 6ª 

.- Patricia Iglesias: Industria e Enerxía.  

.- Lara Méndez: Comercio, Turismo e I+D+i.  


7.- Comisión 7ª 

.- Carmen Rodríguez Dacosta: Montes.  

.- Lara Méndez: Agricultura e Gandería.  


8.- Comisión 8ª  

.- Julio Abalde: Pesca.  

.- Marisqueo: Carlos López Font





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias