El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Rueda: "Comprométome a ser o presidente de todos os galegos"

03-04-2024 13:32:42
Alfonso Rueda.

REDACCIÓN | O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, recibiu hoxe a proposta do presidente do Parlamento de Galicia para presentarse como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia asegurando que asume este encargo con responsabilidade e ilusión: “Comprométome a ser o presidente de todos os galegos e a traballar polas moitas oportunidades que Galicia ten por diante”.  

En declaracións aos medios de comunicación logo de reunirse con Miguel Santalices, o líder dos populares galegos admitiu a responsabilidade que supón para el “aspirar ao máximo ao que se pode aspirar na vida política” e afirmou contar coa ilusión “que o cargo require para facelo ben”. 

“Teño aínda moitas máis ganas de asumir esta responsabilidade logo da confianza obtida nas eleccións do 18 de febreiro e, se obteño o apoio do Parlamento, ofrezo a cambio todo o meu traballo en beneficio tanto das persoas que nos votaron como das que non”, explicou. 

Comprometeuse así mesmo a dar cumprimento ao programa electoral co que concorreu ás eleccións “con responsabilidade, con sentidiño, con man tendida e co convencemento de que Galicia, especialmente nestes momentos tan convulsos a nivel nacional, ten moito que dicir”. 

“Temos moitas reivindicacións, moitas cousas por conseguir e temos claro tamén que non queremos ser máis que ninguén. Por iso traballarei desde o primeiro momento para non ser tampouco menos que ninguén e que non se nos prive daquilo que merecemos”, engadiu. 

Alfonso Rueda subliñou que Galicia ten “moito que dicir” no contexto nacional e moitas oportunidades por diante polas que hai que loitar. “Ese foi o meu compromiso cando me presentei ás eleccións e ese é o compromiso que quero cumprir como presidente da Xunta de Galicia”, concluíu neste sentido. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias