El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

SOGAMA

A División de Reciclaxe e Residuos da cidade sueca de Mölndal interésase polo modelo Sogama

08-04-2024 15:30:50
Javier Domínguez (c).

REDACCIÓN | Andreas Sevendsen, Estratega de Sostibilidade no Departamento de Servizos Técnicos da División de Reciclaxe e Residuos do municipio de Mölndal (Suecia), visitou hoxe o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda para coñecer a súa operativa, evolución histórica e plans futuros de xestión. Así mesmo, mantivo un encontro co seu presidente, Javier Domínguez Lino, con quen intercambiou diferentes datos e experiencias na materia. 

No marco da lexislación europea vixente, os municipios suecos teñen un importante reto por diante no ámbito da prevención e redución de refugallos, xa que a xeración anual per cápita é moi elevada. Diminuír o desperdicio alimentario e o consumo de produtos de usar e tirar, constitúen algunhas das prioridades para o país, de aí que as campañas de información, formación e concienciación cidadá no consumo racional, consciente e responsable, constitúa un dos eixos do plan abordado polos entes locais. 

Svendsen, que estivo acompañado por Carlos Ameixenda, director da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, efectuou unha visita guiada a pé polas instalacións que conforman o Complexo cercedense a fin de comprobar in situ o seu funcionamento, prestando especial atención á planta de recuperación de materiais contidos no lixo en masa, que opera en liña coa industria 4.0, e que incorpora mecanismos de última xeración para separar os residuos susceptibles de ser reciclados e remitilos á industria transformadora (diferentes tipos de plásticos, briks, vidro, envases de aceiro e aluminio, etc). 

Con carácter previo, realizou o percorrido virtual 360º, a través do cal puido descubrir espazos desta infraestrutura con accesibilidade limitada no itinerario a pé, e que lle axudaron en boa medida a ter unha visión global e integral do sistema Sogama.


Mölndal, unha localidade vinculada á ciencia da vida 

Situada ao sureste de Gotemburgo, a localidade de Mölndal conta cunha poboación superior a 69.000 habitantes e é coñecida por acoller unha alta concentración de empresas vinculadas á “ciencia da vida”, concretamente á farmacia, biomedicina e biotecnoloxía, coa particularidade de que tamén conta con dous institutos nacionais de investigación: IFP SICOMP AB e IVF Industrial Research and Development Corporation. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias