El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

POLÍTICA | CASO CRTVG

O PSdeG apoia en Bruselas a apertura dunha investigación polas denuncias de manipulación na CRTVG

09-04-2024 20:23:09
Nicolás González Casares (c).

REDACCIÓN | O eurodeputado galego do PSdeG Nicolás González Casares trasladoulle hoxe aos representantes dos traballadores da CRTVG o seu apoio diante das denuncias de manipulación no ente. Así o dixo no debate dunha petición de investigación pola falla de transparencia e acoso á plantilla que tivo lugar na Comisión de Peticións da Eurocámara e que non prosperou polo voto en contra de PP e Vox. 

González Casares mantivo un encontro cos representantes do Comité Intercentros da CRTVG na sede do Parlamento Europeo logo do debate, e se comprometeu a continuar trasladando á Eurocámara a petición de investigación por falla de transparencia e acoso á plantilla do medio.  

O europarlamentario lamentou o veto de PP e Vox á petición de investigación debatida na Comisión de Peticións que se celebrou hoxe no Parlamento Europeo, logo de que o Comité Intercentros presentara a súa denuncia diante da Cámara. Lembraron os atropelos vividos polo persoal durante estes últimos anos e a manipulación dos informativos e da programación en favor dos intereses políticos do PP. 

Nicolás González Casares puntualizou que os feitos denunciados “vulneran a lexislación europea e ademais atentan contra o dereito a información e contra a dignidade dos profesionais do medio público galego”. Lembrou que mesmo na recente campaña electoral “ata a Xunta Electoral de Galicia afirmou que se lle restaba tempo ao debate político na campaña electoral favorecendo os intereses do PP”. 

Tamén apelou a que “a manipulación da tele galega é ben coñecida desde a época de Feijóo e agora tamén con Rueda”, e reclamou que “dunha vez por todas sexa escoitada a voz dos profesionais que se rebelan contra a manipulación dos medios”.  

A denuncia non prosperou pola maioría ponderada empregada “de xeito interesado”, dixo, pola unión dos votos dos representantes de PP e Vox, demostrando unha vez máis o uso interesado e pouco democrático da Comisión. Criticou que o presidente da Comisión, do PP, impedira a participación de tódolos deputados presentes na sala favorables á petición facendo caso omiso da norma que habilita o voto sen ponderación. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias