REDACCIÓN | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tomou posesión hoxe do seu cargo nun acto no parque de San Domingos de Bonaval. "Tomo posesión como primeiro servidor de Galicia. Fágoo para achegar o meu modesto gran de area á gran tarefa que outros iniciaron e outros continuarán", proclamou, tras xurar sobre o Estatuto de Autonomía, ante un milleiro de invitados entre os que se atopaban autoridades e membros da sociedade civil. Ler máis