El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro esixiralle a Rueda que explique a política industrial da Xunta

16-04-2024 16:24:56
Elena Espinosa.

REDACCIÓN | A viceportavoz do Grupo Socialista, Elena Espinosa, explicou que o portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, centrará a primeira sesión de control ao presidente da Lexislatura na situación económica e industrial de Galicia. Os socialistas galegos centrarán o primeiro Pleno ademais no proxecto de Altri en Palas de Rei, Dependencia, Universidade, Memoria Democrática ou violencia de xénero. 

O portavoz socialista empregará a sesión de control reclamaralle ao presidente da Xunta que explique en primeira persoa as liñas estratéxicas en materia económica e industrial. A continuación, os socialistas galegos presentarán unha pregunta urxente para coñecer a previsión do goberno galego de financiar o proxecto de Altri en Palas de Rei con fondos propios.  

Espinosa explicou as iniciativas que presentarán os socialistas galegos no primeiro Pleno da Lexislatura, que inclúen dúas proposicións non de Lei para reclamarlle á Xunta que desenvolva a Lei de Memoria Democrática en Galicia e a implantación da primeira matrícula gratuíta nos graos universitarios e nos estudos de mestrado. Tamén presentarán unha interpelación sobre os recortes nas libranzas de coidados nos expedientes de Dependencia de Galicia. 

O Grupo Socialista presentará finalmente dúas preguntas orais sobre as eivas nas condicións de seguridade e protección que ofrecen as sedes xudiciais galegas ás vítimas de violencia de xénero e no ámbito local levarán a necesidade dun pavillón cuberto no CEIP Ponte Sampaio para a práctica da actividade física do alumnado. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias