El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro, sobre David Regades: "A súa nova etapa coma delegado do Consorcio será igual de esxitosa"

18-04-2024 16:33:14
Gómez Besteiro e David Regades.

REDACCIÓN | O voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, mostrouse hoxe seguro de que a nova etapa de David Regades á fronte da Zona Franca de Vigo “será igual de exitosa” que a anterior. Na toma de posesión de Regades como delegado especial do Estado no Consorcio, Besteiro afirmou que “gaña Vigo, pero tamén gaña Galicia, porque con él a Zona Franca pasou de ser un organismo que funcionaba como mero arrendador de terreos a ser un promotor de verdadeiras políticas industriais, algo que non fai a Xunta”.  

O portavoz socialista puxo como exemplo o protagonismo que a Zona Franca tivo nos cinco anos nos que David Regades ocupou o cargo de delegado en asuntos como o PERTE do Vehículo Elétrico ou a mellora da subministración eléctrica para Stellantis da man do Concello de Vigo, pero tamén destacou que durante o período 2018-2023 se impulsou a instalación de 46 empresas e a creación de 4.500 postos de traballo.  

Regades invitou na súa intervención a “traballar xuntos no desenvolvemento económico de Vigo”, que, como “cidade da economía”, subliñou, “lles debe todo ao empresariado, ás traballadoras e aos traballadores”. 

O novo delegado mostrou a súa gratitude ao Goberno pola súa confianza, así como ao alcalde, Abel Caballero, e a José Ramón Gómez Besteiro “polo seu apoio para que poida estar de novo á fronte da Zona Franca”.  

Ademais das cuestións antes mencionadas, na primeira etapa de Regades coma delegado, desenvolvéronse proxectos de gran impacto económico. Por exemplo, creáronse as aceleradoras de sectores como o téxtil (ViaTextil), o comercio exterior (ViaExterior), o vitivinícola (VinoExterior) e o da pesca (MarExterior); ampliáronse o Parque Empresarial de Porto Molle e o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares, e desbloqueouse a Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias