El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

POLÍTICA | BNG

Ana Miranda: "É fundamental para Galiza que se aproben as propostas do BNG na Eurocámara"

23-04-2024 15:37:24
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, salienta a gran importancia que ten para Galiza que o Parlamento Europeo aprobe hoxe a proposta de “Regulamento para evitar a prevención das perdas de pélets de plástico para reducir a contaminación por microplásticos”. Este documento inclúe mellorar as condicións do transporte de pélets e ter normas obrigatorias para toda a costa europea de forma que se reduzan os seus verquidos e que se teña en conta o transporte marítimo, para evitar accidentes como o que pasou na costa galega en decembro.  

A aprobación deste informe, que inclúe varias emendas do BNG, súmase á decisión de incluír os verquidos de pélets e as perdas de contedores na Directiva sobre a contaminación procedente de buques, que modifica o Convenio Internacional para a Prevención da Contaminación polos Buques (MARPOL 73/78) da Organización Marítima Internacional (OMI).  

Precisamente no debate no pleno do Parlamento Europeo correspondente a este informe sobre os pélets, a eurodeputada do Bloque criticou a nefasta xestión do Goberno do PP no verquido de pélets do pasado mes de decembro, xa que nin informou debidamente sobre o verquido nin activou o plan contaminación. A eurodeputada galega afirmou que “o BNG está sempre para defender os intereses de Galiza fronte a ineficacia do Partido Popular, que estivo máis preocupado en ocultar a realidade, xa que segue habendo pélets na costa, que en buscar medidas que eviten que Galiza reciba marés negras de petróleo e marés brancas de pelets”. 


Intenso traballo na Eurocámara 

O BNG no Parlamento Europeo ten desenvolvido un intenso traballo na mellora da protección da costa galega fronte a accidentes de contaminación marítima, coa presentación de iniciativas e emendas  tanto na Comisión de Medio Ambiente como na de Transporte, no obxectivo de considerar os pelets como elementos contaminantes. Ademais, a eurodeputada do Bloque coordinou un encontro da alcaldesa de Muros, María Lago, co comisario de Pesca, Virginius Sinkevicius, así como o envío dunha carta remitida á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, a presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e o presidente do Consello Europea, Charles Michel. 

Neste documento, -asinado por un total de 70 eurodeputadas e eurodeputados pertencentes a cinco grupos políticos da Eurocámara e procedentes de 24 nacións e Estados Membros europeos-, a eurodeputada galega denunciaba a contaminación da costa galega causada polo vertido de millóns pelets procedentes do portacontedores Toconao e cuestionaba a xestión realizada polo goberno galego do Partido Popular. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias