El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

LEI DO LITORAL DE GALICIA

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á lei do litoral de Galicia

23-04-2024 18:36:55
Lei do litoral de Galicia.

REDACCIÓN | A Xunta pon en valor que o pleno do Tribunal Constitucional avale a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, o que, segundo dixo hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, referenda o traballo levado a cabo por parte do Goberno galego de cara a dar seguridade xurídica ás actividades estratéxicas no dominio público marítimo-terrestre. 

A conselleira incidiu en que o Tribunal Constitucional desestima 70 das 72 impugnacións incluídas no recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno central, polo que ratifica as plenas competencias da Comunidade para xestionar o noso litoral sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía, tal e como ditaminou o Consello Consultivo no verán de 2022. 

A maiores, Ángeles Vázquez lembrou que a elaboración desta normativa contou coa participación de todos os axentes, administracións e colectivos, tanto públicos como privados, con intereses e implicación directa na costa co fin de buscar un texto de consenso e moi participado. 

“Neste proceso participaron os mellores, desde o Observatorio do litoral pasando por científicos, académicos, xuristas, a cadea mar-industria mentres que enfronte só nos atopamos pedras no camiño”, aseverou Ángeles Vázquez, que engadiu que o Goberno central declinou todas as opcións de diálogo coa Xunta para chegar a un punto de entendemento que evitara a vía xudicial e o conseguinte prexuízo que supuxo para a Comunidade a paralización desta lei durante varios meses.  

Cómpre salientar que a lei do litoral de Galicia ten como obxectivo unha xestión que integre as actividades humanas no litoral para garantir un aproveitamento sostible dos seus recursos e o bo estado dos ecosistemas costeiros desde unha tripla perspectiva: ambiental, social e económica. 

Para concluír, Ángeles Vázquez destacou que a lei do litoral foi unha aposta do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para “darlle a Galicia o recoñecemento que se lle estaba negando” mentres que si se lles daba a outras comunidades autónomas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias