El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | CORREDOR ATLÁNTICO

BNG require ao Goberno dun "maior compromiso e investimento" para impulsar o Corredor Atlántico

25-04-2024 15:50:46
Carme da Silva.

REDACCIÓN | A senadora do BNG demanda o “compromiso real do Goberno” para “impulsar a execución do Corredor Atlántico”, sendo un tramo ferroviario a priorizar dada a súa importancia para o desenvolvemento socioeconómico da Galiza. Carme da Silva rexistra preguntas na cámara alta solicitando ao executivo máis investimentos que acelere a execución desta infraestrutura, un Plan Director do Corredor que incorpore o Vigo-Porto e a axilización da saída sur de Vigo, independentemente dos deseños europeos ou madrileños. 

A Comisión Europea acaba de aprobar o novo regulamento de redes transeuropea onde a conexión de altas prestacións Vigo-Porto fica na rede básica ampliada, estabelecendo como prioridade a conexión Madrid-Lisboa. “A pesar desta nova, entendemos que o Goberno do Estado debe ter claro que a saída sur de Vigo é unha infraestrutura prioritaria para o desenvolvemento social e económico da Galiza e de Vigo, unha infraestrutura chave para impulsar a competitividade do eixo Vigo-Porto, cun importante peso industrial e comercial” subliña a senadora do BNG.  

“Tamén debe ter claro o Goberno que é fundamental que forme parte do Corredor Atlántico. Temos que lembrarlle que aínda estamos á espera do Plan Director do Corredor que é a folla de ruta das inversións. Aí debe integrarse a conexión Vigo-Porto” afirma da Silva.“Non se pode ralentizar nin relegar máis esta infraestrutura. 

Non é unha novidade que o Corredor Atlántico vai retrasado a respecto do Mediterráneo e non o digo eu, díxoo o propio Ministro de Transportes” lembra. Neste sentido, Carme da Silva chama o Goberno a subir as prioridades en materia de infraestruturas e “apunte de primeiras a saída sur de Vigo e o Corredor Atlántico”. 

É hora, segundo explica a senadora nacionalista, de rematar coa discriminación que sofre a Galiza en materia ferroviaria. “Reclamamos investimentos, un Plan Director do Corredor que incorpore o Vigo-Porto e a axilización da saída sur de Vigo independentemente dos deseños europeos ou madrileños” avanza. 

“No BNG apostamos por deseños en rede para a descentralización das conexións de transporte.  Nin todo ten que pasar por Madrid, nin Madrid levarse todo o desenvolvemento social e económico” sentenza.  

A aposta por impulsar o Corredor Atlántico por parte do BNG é, segundo explica da Silva, innegábel despois de levar a cabo un “traballo inxente en todas as cámaras onde temos representación”. Tal é así, sinala, que aparece recollido como unha das principais reivindicacións no Acordo de Investidura conseguido. 

Nunha resposta de outubro ao BNG, o Goberno indicaba que o desenvolvemento das conexións ferroviarias con Portugal é un asunto da máxima prioridade, recoñecendo que o saída sur de Vigo é unha peza chave. Atopábase, por aquel entón, na fase de realización do terceiro estudo informativo cuxo contrato se asinou o 13 de xuño cun prazo de execución de 18 meses. 

“O Goberno debe continuar coa tramitación do saída sur de Vigo, imprimíndolle unha maior axilidade de modo que as actuacións poidan dar comezo canto antes. Igual que a conexión Vigo-Porto debería integrarse no Corredor Atlántico” aclara Carme da Silva. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias