El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | INICIATIVAS EMPRESARIAIS

O mapa de emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas

01-05-2024 11:18:29
Un trabajador con el ordenador.

REDACCIÓN | A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de lanzar o Mapa de emprendemento, un espazo virtual que integra por primeira vez o ecosistema galego de apoio ao emprendemento con todos axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio. Tras dúas semanas desde o seu lanzamento, a web xa reúne 145 rexistros de entidades (outra vintena trasladou o seu interese en adherirse) que traballan na promoción das iniciativas empresariais na comunidade. 

Con medidas coma esta, a comunidade estase a consolidar como rexión emprendedora. O novo espazo será unha ferramenta moi útil para quen desexe desenvolver unha actividade en Galicia, para que sexa quen de localizar, de xeito áxil e nunha mesma contorna, a todos os axentes territoriais cos que pode contar. 

O Goberno galego quere ser unha Administración facilitadora, polo que na presente Lexislatura avanzará na simplificación e unificación do catálogo de axudas existentes para o emprendemento. Desde este 2024 a Xunta de Galicia está a axudar ás persoas que se dan de alta por primeira vez no réxime de autónomos, ao ofrecer o 100% de financiación da súa cota durante os primeiros doce meses. Case 5.000 persoas solicitaron estes apoios. A Rede de polos de emprendemento, por outra banda, asesorou xa máis de 1.600 experiencias de emprendemento desde o seu estreo hai case dous anos. Esta trama, integrada por trece polos en activo, aos que se sumarán en breve dous máis e un centro coordinador, dá cobertura a emprendedores radicados en todo o territorio, especialmente en zonas rurais, onde a iniciativa está a contribuír a dinamizar as economías locais.  

A Administración autonómica está a apostar ademais pola remuda,  para evitar que morra o ecosistema comercial das localidades galegas. Así, no marco da Rede de polos, estase a desenvolver desde a Consellería de Emprego, Comercio e Igualdade, un programa específico, cun cento de empresas adheridas, coa finalidade de garantir a súa supervivencia, poñendo en contacto a persoas que cesan a súa actividade coas interesadas en retomala.  

Non menos importante é para a Xunta a aposta pola economía social, con gran arraigamento en Galicia, que se seguirá a promover con apoios para o inicio de actividade, a consolidación e a xeración de emprego, contribuíndo tamén á súa promoción, esencial por se tratar dun modelo igualitario e de responsabilidade social. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias