El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Paula Prado: "Os galegos terán que decidir se queren máis Galicia e máis España en Europa"

04-05-2024 14:08:49
Paula Prado (c), secretaria xeral do PPdeG.

REDACCIÓN | O PPdeG reuniu hoxe ao seu Comité de Cidades en Santiago de Compostela co punto de mira posto nas vindeiras eleccións europeas para “comezar a traballar nesa convocatoria que temos o día 9 de xuño propoñendo máis Galicia e máis España en Europa”. 

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, recalcou o papel fundamental que as cidades galegas xogan nestas eleccións: “Teñen moito que dicir en Europa, expoñerse como cidades vangardistas e á vez como garantes da concordia e do sentido común, algo que neste momento só asegura o PP”. 

Os cidadáns galegos terán que decidir “se queren máis Galicia en Europa e máis España en Europa ou se prefiren, como propuxeron o PSOE e o BNG nesta lexislatura, atender máis ás demandas dos independentistas e dos nacionalistas, que ás verdadeiras solucións aos problemas reais dos galegos e das galegas”. 

Nese sentido, Prado destacou a excelente presenza coa que conta Galicia na candidatura do Partido Popular para as eleccións ao Parlamento Europeo: “Para representarnos, ninguén mellor que o pontevedrés Francisco Millán Mon, que xa leva anos traballando como eurodeputado, defendendo magnificamente ben os intereses de Galicia en Europa”. 

A representación galega non remata aí, xa que tamén será candidato Adrián Vázquez, “un lalinense que tamén exerce de galego”. Bo exemplo dan as súas aportacións na Comisión de Agricultura, centrándose na resolución e defensa de problemas de Galicia. Ademais, é así mesmo candidato o coruñés Pablo Gómez Cedrón, un dos novos valores do Partido Popular. 

Paula Prado teno claro: “Entre todos faremos máis Galicia en Europa e neste Comité de Cidades falamos principalmente dos temas que ás cidades lles preocupa”. “Hai algo menos dun ano, nas eleccións municipais, os veciños e veciñas de 5 das 7 cidades de Galicia decidiron votar maioritariamente ao PP, pero os pactos de conveniencia do PSOE e do BNG nalgunhas fixeron imposible que non gobernara o PP”, engadiu a secretaria xeral do PPdeG. 

Hoxe, dixo, abundan os exemplos de que non deixar gobernar á lista máis votada e formar estes novos gobernos non deu solución aos problemas reais dos cidadáns. En Lugo, “xa non está a alcaldesa que se presentou ás eleccións e vemos constantemente líos entre os socios do goberno do bipartito”; na Coruña, “o goberno está arrinconado polas súas tramas urbanísticas, pola corrupción e tamén pola inseguridade cidadá” e, en Santiago de Compostela, o BNG “continúa gobernando co seu baluarte de sectarismo tendo só 6 dos 25 concelleiros”. 

Fronte a este barullo, eríxese a cidade de Ferrol, con maioría absoluta do PP. “Hai un Goberno que ten moi claras as políticas para a cidade, crece en poboación e realmente atende día a día o que demandan os veciños”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias