El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Internacional

EUROCÁMARA | BNG

Ana Miranda: "Para que o agro galego teña voz directa en Europa é indispensable que o BNG estea na Eurocámara"

04-05-2024 18:10:17
Ana Miranda (d), eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, subliñou hoxe que o agro galego ten que ter “voz directa” en Europa e asegurou que os sectores produtivos estratéxicos seguirán sendo defendidos polo BNG nas institucións europeas fronte a defensa que fai o PP dos terratenentes no resto do Estado. “Non podemos permitir que desapareza a nosa actividade agrícola”, salientou a eurodeputada galega no transcurso da conferencia “Por un agro galego con futuro”, na que hoxe participa en Mondoñedo. 

“No BNG defendemos un rural vivo e consideramos que a PAC debe actuar como mecanismo de apoio directo ás rendas dos agricultores e agricultoras e que sosteña o noso modelo de agricultura”, salientou a eurodeputada galega, quen denunciou que a PAC non ten en conta a identidade territorial de Galiza e as características propias da tradición agraria familiar, sostible e de proximidade propias do agro galego. “O problema para Galiza é que a revisión da PAC segue a favorecer a grande industria e non se propoñen medidas significativas para mellorar os ingresos dos agricultores e facilitar o relevo xeracional”, criticou Ana Miranda.  

Por outro lado, segundo apuntou Ana Miranda, precisamente a redución da actividade agrícola é unha da causas do descenso demográfico no rural galego. “O desleixo do goberno galego do Partido Popular chega tamén a este eido”, denunciou a eurodeputada do Bloque, quen tamén fixo referencia a ineficacia do PP na xestión das axudas á produción ecolóxica. En concreto, no ano 2022, o goberno galego só asignou 3,18 millóns de euros en axudas, fronte aos necesarios 5,6 millóns de euros para cubrir todas as solicitudes presentadas, o que significa a falta de asistencia para o 43 % das hectáreas solicitadas.  


Demandas do sector 

A eurodeputada galega lembrou que o Bloque ten trasladado á Comisión Europea as demandas do sector, en concreto a través de preguntas parlamentares nas que se fai referencia á necesidade de simplificar as cargas administrativas como o novo caderno dixital; a adaptación da metodoloxía dos ecoesquemas e do catálogo de ecorréximes a nosa realidade; así como a flexibilización da condicionalidade e a aplicación das cláusulas espello como principio de reciprocidade nos acordos comerciais internacionais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias