El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PSdeG celebrou o Día de Europa

09-05-2024 20:01:55
O eurodeputado Nicolás González Casares.

REDACCIÓN | O PSdeG celebrou hoxe un acto en Ourense para conmemorar o Día de Europa, que cada 9 de maio conmemora o punto de inflexión para a paz e o avance social que supuxo a firma da Declaración Schuman, tal día coma hoxe, en 1950. Interviron no mesmo o secretario xeral do partido en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro; o eurodeputado Nicolás González Casares; a secretaria xeral do PSdeG de Ourense, Natalia González Benéitez; e o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino.  

Precisamente polos principios que forxaron a creación da UE comezou o seu discurso o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro: “Coa súa conmemoración podemos enarborar os ideais de unidade, solidariedade e harmonía entre todos os pobos que tan importantes son para Europa e para a socialdemocracia”.  

Abordou tamén na súa intervención esa Europa renacida, que nos últimos anos foi quen de desempeñar ás funcións para as que foi creada, que “soubo rectificar erros do pasado á hora de afrontar as crises que sufrimos” e que tomou conciencia da súa importancia como actor fundamental na xeopolítica mundial.  

Mais, por riba de todo, Gómez Besteiro incidiu en que o futuro ten que pasar por unha Europa feminista. “Porque entendemos que a igualdade de xénero é un piar fundamental do noso proxecto común e os avances en materia de igualdade non poden ser postos en cuestión ou en perigo polas propostas das forzas ultraconservadoras que están gañando forza na UE e que xa padecemos en España”, subliñou.  

Non quixo rematar o secretario xeral dos e das socialistas de Galicia sen lembrar que o cambio de paradigma da UE na forma de actuar ante as crises debeuse, en gran medida, ao impulso de gobernos progresistas como o de Pedro Sánchez que marcaron a dirección por unha senda totalmente oposta á dos recortes sociais pola que se transitou en ocasións anteriores. “Dicían que non había outro camiño, pero desta vez Europa apostou por políticas socialdemócratas para protexer millóns de asalariados, de autónomos e millóns de empresas. Evitouse o afundimento socioeconómico, protexéronse familias, empresas, garantíronse os servizos públicos e reforzáronse os dereitos”, defendeu.  

“Os e as socialistas galegas celebramos o Día de Europa porque non pode ser doutro xeito. O PSdeG está presente nas decisións que se toman na Unión Europea. O PSdeG fai Europa na transición ecolóxica, na transición dixital, na procura de novos modos de transporte para Galicia. Sempre estamos no corazón das decisións que se toman na UE”, comezou afirmando, pola súa banda, o eurodeputado e número 11 da lista para as vindeiras eleccións do día 9 de xuño, Nicolás González Casares.  

“Ao contrario doutros, que teñen ideas illacionistas ou que pensan que Europa remata no Padornelo, ou outros que tratan de negar fondos para modernizas as nosas infraestruturas e as nosas empresas, aumentando o emprego e a nosa capacidade industrial, os socialistas estivemos estes cinco anos defendendo os sectores produtivos de Galicia en todos os eidos. Pero non só defendéndoos, senon tamén conseguindo investimentos”, explicou sobre o labor desenvolto no último lustro.  

Así mesmo, expuxo as posibilidades de mellora para o país que residen na capacidade da Unión Europea de reformar todo aquelo que podería funcionar mellor. E incidiu no exemplo de que hoxe en día “temos unha Política Agraria Común moito máis adaptada ás necesidades do agro galego”.  

Tamén queremos reivindicar hoxe a necesidade e importancia de participar na Democracia. Ante a situación actual, na que vemos como a dereita desaparece e todo se converte en extrema dereita, nós seguiremos defendendo esa idea de paz, xustiza e dos valores, en definitiva, desa Europa que queremos seguir construindo con solidariedade”, expuxo.  

Na liña da defensa da democracia, a igualdade de oportunidades, o feminismo e o orgullo por aprender dos erros do pasado foron tamén as intervencións da secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González Benéitez, e o secretario provincial do partido, Rafael Rodríguez Villarino. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias