El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Ana Miranda: "O BNG ten que estar en Bruxelas para defender o sector pesqueiro e marisqueiro galego"

13-05-2024 16:54:16
Ana Miranda (c), eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, subliñou hoxe en Ribeira que o BNG ten que ter representación no Parlamento Europeo para defender o sector pesqueiro e marisqueiro galegos, xa que segundo denunciou o sector está “só” debido a falta de apoio por parte do goberno galego e a falta de investimento. “Como eurodeputada pero tamén como candidata ás elección europeas teño moi claro a quen defender: non ás eléctricas e non as macrocelulosas como Altri, e si as mariscadoras e mariscadores”, manifestou na concentración en defensa da rexeneración dos bancos marisqueiros, que tamén contou coa participación do alcalde nacionalista de Ribeira, Luís Pérez, e a deputada no Parlamento Galego Rosana Pérez. 

“Estamos en Ribeira apoiando a concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa que tanto traballo fixo, fai e fará porque temos serias ameadas no noso sector pesqueiro e marisqueiro”, salientou Ana Miranda, en referencia á perda da produtividade do sector marisqueiro desde hai máis dunha década “sen que o PP faga nada” e simplemente lle bota a culpa á chuvia. “Non é a culpa da chuvia, senón da falta de previsión do goberno da Xunta dun plan que podería estar financiado con fondos europeos”, indicou.  

A eurodeputada galega tamén considerou que hai unha “falta de previsión a respecto da cría da semente”, que provoca a importación de cría de bivalvos do exterior, así como a instalación de Altri en Palas de Rei que pretende levar a cabo o PP e que sería un golpe para máis de 4.000 familias que viven do marisqueo no noso país. Segundo Miranda, a estes problemas súmanse “as ameazas que veñen de Bruxelas”, xa que hoxe mesmo foi publicado que se desvían fondos do Fondo Marítimo de Pesca e Acuicultura “a outras causas como a defensa en lugar de apoiar ao sector”.  


Fondos europeos 

Neste sentido, Ana Miranda fixo referencia á resposta enviada polo Comisario de Pesca a unha das preguntas formulada pola eurodeputada, na que indica que existen fondos europeos para cubrir os seguros en tempos de falta de produtividade e en tempo de crise.”O sector está só e nos desde Bruxelas o denunciamos reiteradas veces, presentamos iniciativas parlamentares, levamos alí as mariscadoras e mariscadores e trasladamos esta problemática a Comisión Europea”, salientou, ao tempo que cifrou en 200 millóns de euros a cantidade que está sen gastar por parte da Xunta para apoiar o sector marisqueiro. 

O plan de recuperación integral das rías galegas -cunha planificación plurianual, co-financiado pola Xunta, Goberno do Estado e fondos europeos-; a elaboración dun protocolo de baleirado de encoros e a transferencia a Galiza da xestión do litoral, das funcións e dos servizos en materia de xestión e ordenación do noso mar e da nosa costa, son outras das propostas do BNG en apoio do sector. “Nós imos defender o sector marisqueiro aquí, en Bruxelas e onde faga falta”, concluíu Ana Miranda. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias