El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación celebra "o ascenso histórico" do Basquet Coruña á Liga ACB

14-05-2024 15:37:20
A Deputación recibe ao Basquet Coruña.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado do vicepresidente Xosé Regueira, do deputado de Deportes, Antonio Leira, e de representantes dos diferentes grupos políticos da corporación provincial recibiron hoxe no Salón de Plenos da institución provincial á plantilla e o equipo directivo do Leyma Basquet Coruña, tras o ascenso do equipo coruñés á Liga ACB. 

Formoso felicitou ao Basquet Coruña por un “acenso histórico que, tras 55 anos, devolve o baloncesto coruñés á máxima categoría do baloncesto nacional” e agradecu a labor do club “non só canda gana, tamén cando perde” e a súa implicación para que “centos de rapaces e rapazas da Coruña e da súa comarca gocen dun deporte tan bonito”. 

O presidente da Deputación enviou tamén “unha mensaxe de agarimo” ao Obradoiro: “Esperamos que o ano que vén poidamos ver un derbi provincial na liga ACB” e felicitou ao Breogán de Lugo, que manterá a categoría na vindeira tempada. 


Roberto Cibeira 

Pola súa banda, o presidente do Leyma Basquet Coruña, Roberto Cibeira, agradeceu a recepción “nesta casa de todos os concellos da provincia”. “Vemos o deporte como unha forma de unir á xente e a repercusión deste ascenso é moito máis grande do que nos podíamos imaxinar”, afirmou Cibeira, que destacou que o segredo do éxito foi que os xogadores “puxeron o seu talento individual ao servizo de equipo, deixaron de lado os egos persoais e conseguimos algo que ninguén contaba ao principio de tempada”. 

O presidente do Basquet Coruna afirmou que “temos ante nós un reto maiúsculo, ter todo estruturado para competir na mellor liga de baloncesto de europa e a segunda do mundo, tras a NBA” polo que demandou o apoio de entidades privadas e públicas e da afición para “dar un salto de calidade”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias