El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación abre o prazo de presentación de candidaturas aos Premios PEL 2024

As empresas gañadoras recibirán 72.000 euros en premios; 18.000 euros en cada unha das catro categorías.

16-05-2024 11:54:19
Valentín González Formoso.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña abre o hoxe o prazo de presentación de candidaturas para a VI edición dos Premios PEL ás mellores empresas da provincia. Tras seis anos de traxectoria, os premios PEL consolídanse como unha das citas anuais de referencia para o sector empresarial e asociativo da provincia da Coruña, tanto polo elevado número de candidaturas que optan cada ano aos galardóns como pola elevada afluencia de asistentes que rexistran os actos de entrega dos premios ano tras ano. 

Segundo explicou presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o obxectivo destes premios é “e recoñecer o esforzo e implicación das empresas, emprendedores, profesionais autónomos e asociacións empresariais da provincia no desenvolvemento económico e na creación de emprego territorio”. 

As empresas gañadoras repartiranse un total de 72.000 euros en premios, 18.000 euros en cada unha das categorías, o que converte tamén aos premios PEL nun dos mellores dotados económicamente tanto a nivel rexional como nacional. Galchimia, Diversa Technologies, Numax, Igalia, Porto Muíño, Bionix ou Evasa son algunhas das empresas gañadoras das pasadas edicións dos premios PEL. 


Mellor empresa nova, consolidada e verde 

Ás xa clásicas categorías de mellor iniciativa empresarial nova e mellor iniciativa empresarial consolidada súmase nesta edición a de mellor iniciativa verde. 

Esta terceira categoría establécese como recoñecemento da labor das pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, asociacións, clústeres empresariais e concellos que conten con proxectos que teñan por obxectivo a transición ecolóxica e enerxética, a loita contra o cambio climático, a agricultura sustentable, a protección do medio ambiente, a preservación da biodiversidade, a economía circular e/ou o uso eficiente dos recursos. 

Así, as tres categorías ás que se poden presentar candidaturas na presente edición dos Premios PEL son as seguintes: 


.- 1ª categoría: premio á mellor iniciativa empresarial nova; para pemes, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial en 2023 ou 2024 e se constituísen ou estean dadas de alta no RETA neses anos. 

.- 2ª categoría: premio á mellor iniciativa empresarial consolidada; para pemes, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade en 2019 ou con anterioridade e se constituísen ou desen de alta no RETA no mesmo período. 

.- 3ª categoría: premio á mellor iniciativa empresarial verde, para pemes, microempresas e autónomos/as, asociacións e clústeres empresariais e concellos que conten con proxectos que teñan por obxectivo a transición ecolóxica e enerxética. 

Cada participante poderá presentar a súa candidatura unicamente a unha das tres categorías anteriores. No suposto de presentación de varias candidaturas, só se terá en conta a última presentada, que deixará sen efecto e anulará todas as anteriores, sempre e cando fose presentada dentro do prazo previsto na convocatoria. 


Premio a proposta do xurado: mellor iniciativa transformadora do rural 

A convocatoria deste ano dos Premios PEL conta tamén cunha novidade, o establecemento dunha categoría de premio a proposta do xurado. 

O xurado de expertos outorgará un premio á mellor iniciativa transformadora do rural como recoñecemento ás entidades que desenvolven ideas que impulsen cambios reais no ámbito socioeconómico da provincia, que conten con proxectos orientados ao desenvolvemento sostible e integrador de zonas rurais, favorezan á loita contra o despoboamento e contribúan a facer fronte aoreto demográfico e demais retos específicos en materia de desenvolvemento do territorio. 

Este premio tamén estará dotado con 18.000 euros, pero neste caso esta contía deberá destinarase a un fin concreto: a financiar un proxecto a desenvolver pola entidade gañadora. 


Presentación de candidaturas ata o 18 de xuño 

O prazo de presentación de candidaturas está aberto desde hoxe ata as 14.00 horas do 18 de xuño. Poderá realizarse mediante o envío da documentación requirida nas bases de xeito telemático, a través da plataforma Subtel: https://sede.dacoruna.gal/subtel/. A mera presentación en tempo e forma suporá a súa aceptación no proceso de valoración e selección. 

Cada entidade candidata presentará o anexo de memoria de candidatura, que non poderán exceder das 7 páxinas e deberá incluír, con carácter obrigatorio, o enlace a un vídeo de candidatura, aloxado en calquera plataforma dixital de reprodución de vídeo ou na propia web corporativa, gravado en formato horizontal, cunha resolución mínima de 1080 píxeles e de duración non superior a 3 minutos. Consultar as bases e a convocatoria da VI edición dos Premios PEL.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias