El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA GALEGA | ELECCIÓNS EUROPEAS

O PPdeG prepara a campaña das europeas

16-05-2024 16:08:19
Paula Prado (i), secretaria xeral do PPdeG.

REDACCIÓN | A unha semana do inicio da campaña das eleccións europeas, o PPdeG xa ten “a maquinaria perfectamente engraxada” e aos seus equipos preparados para afrontar “con ilusión e confianza” uns comicios nos que agardan unha gran mobilización e un resultado co que “facer oír alta e clara a voz dos galegos en Europa”. 

Así o explicou esta mañá a secretaria xeral do PPdeG e directora de campaña, Paula Prado, en declaracións aos medios antes de encabezar a reunión do Comité de Campaña que se celebrou na sede autonómica dos populares. Unha reunión na que se puxo de manifesto que “aínda que a veces parece que o que ocorre en Bruxelas queda lonxe, o certo é que Galicia xógase moito”. 

“O Parlamento Europeo é o lugar onde, da man dos candidatos do PPdeG, os galegos podemos loitar por ter máis fondos europeos e mellores infraestruturas, negociar mellores condicións para o rural e garantir un futuro próspero para a nosa pesca”, explicou neste sentido. 

Fronte a un proxecto popular que aposta por “máis Galicia en Europa”, a alternativa da esquerda supón, segundo afirmou Paula Prado, “menos Galicia” na medida en que o PSOE “demostrou estes anos atender pouco ou nada os nosos intereses” e o BNG “integrouse novamente con Bildu e ERC nunha lista cun condenado por terrorismo no segundo posto e defende o ecoloxismo máis radical”. 

Por todo isto a número dous dos populares galegos apela a “mandar unha mensaxe en Europa na defensa de Galicia, da nosa economía, do noso rural, da nosa seguridade e das nosas institucións” e a demostrar nestas eleccións que “Galicia non quere independentismo nin tampouco escándalos de corrupción cada vez máis graves”. 

Parafraseando ao presidente Núñez Feijóo, concluíu subliñando que “non cabe nin un minuto de descanso neste mes” e que o Partido Popular é “a única opción para defender a igualdade e a prosperidade dos galegos, dos españois e da nosa democracia en Europa”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias