El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA GALEGA | ELECCIÓNS EUROPEAS

O PPdeG aposta por afondar a nivel europeo na loita contra a violencia de xénero, a fenda salarial e a trata

Esta semana reuniuse a Comisión de Igualdade do partido.

19-05-2024 12:11:52
Comisión do PPdeG.

REDACCIÓN | O Partido Popular de Galicia márcase como obxectivo de cara ás vindeiras eleccións europeas impulsar a nivel comunitario medidas que afonden en cuestións como a loita contra a violencia de xénero, a redución da fenda salarial entre homes e mulleres ou a erradicación da trata de seres humanos con fins de explotación sexual. 

Esta semana reuniuse a Comisión de Igualdade do partido para analizar a situación actual das mulleres en Galicia e avanzar en propostas de futuro coa vista posta nas eleccións europeas do próximo 9 de xuño. Unha xuntanza encabezada pola secretaria xeral do PPdeG e directora de campaña, Paula Prado, na que se puxo o foco na necesidade de adoptar medidas efectivas no que se refire á prevención e eliminación da violencia contra as mulleres, así como a protección ás vítimas. 

Poñendo en valor a recente aprobación da Directiva europea sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica –na que se insta aos países da Unión Europea a adoptar medidas específicas para protexer ás vítimas, apoiar e facilitar o acceso á asistencia xurídica e poñer en marcha liñas telefónicas de axuda e centros de apoio –, desde o PPdeG sitúan a Galicia como referente e pioneira na adopción de medidas neste eido. 

Cómpre recordar que Galicia xa ten en marcha moitas das medidas propostas nesta Directiva e, de feito, a nosa Comunidade foi pioneira cunha Lei de Igualdade destinada a blindar os dereitos das mulleres no eido laboral, da ciencia, o deporte ou a cultura. Ademais, a día de hoxe, Galicia é a única Comunidade que ofrece unha axuda mensual ás vítimas de violencia de xénero para impulsar a súa autonomía. 

De aí o compromiso do PPdeG por seguir reforzando as axudas e a rede de apoio ás vítimas e avanzar na prevención de posibles novos tipos de agresións ou discriminacións. Un compromiso que se materializa na proposta do presidente Alfonso Rueda de poñer en marcha Centros de Información á Muller (CIM) móbiles para ampliar este servizo ás vítimas de violencia de xénero e achegalo a todos os recunchos de Galicia.


Os incumprimentos da esquerda coas mulleres  

Pola contra, as populares lamentan que o suposto feminismo e compromiso coas vítimas de violencia de xénero da esquerda nunca pasan das pancartas á realidade. Poñendo como exemplo disto o incumprimento por parte do Goberno de Pedro Sánchez –co apoio e a complicidade do BNG– do Pacto de Estado contra a violencia de xénero aprobado en 2018 no que se refire á aprobación dunha Lei de Trata a nivel estatal. 

Ou tamén o feito de que, mentres os orfos das mulleres vítimas de violencia de xénero son recoñecidos en Galicia como vítimas e beneficiarios de axudas, o Goberno do Estado segue sen recoñecelos como tal e imposibilitándolle, polo tanto, o acceso a apoios económicos. 

Pero sen dúbida o maior atentado contra os dereitos das mulleres en España, segundo denuncian desde o PPdeG, foi a Lei do só si é si que aprobou o PSOE co voto a favor do BNG. Unha lei coa que, por primeira vez na historia da lexislación en materia de protección á muller, se lexislou a favor dos agresores e en prexuízo das vítimas e que tivo como consecuencias a rebaixa de penas a máis de 1.200 delincuentes sexuais e a excarceración de máis de 120 agresores antes de tempo. 

Desde o PPdeG instan ás mulleres galegas a que non esquezan cuestións como estas e que o próximo 9 de xuño teñan en conta quen lexisla ao seu favor con medidas efectivas e quen se limita a repetir slogans que nunca van máis aló. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias