El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro esíxelle a Rueda corresponsabilidade e que aplique ás autopistas da Xunta a gratuidade que pide as do Estado

20-05-2024 15:39:58
José Ramón Gómez Besteiro.

REDACCIÓN | O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe unha batería de medidas para liberar de peaxes as autopistas AG-55 (A Coruña-Carballo) e AG-57 (Puxeiros-Val Miñor), das que é titular a Xunta de Galicia. “Se pedimos a gratuidade para as do Estado, tamén para as que son galegas, porque non podemos facer distincións”, explicou sobre a necesidade de dar “o mesmo trato” aos usuarios e ás usuarias tanto das vías autonómicas como das estatais. 

Besteiro lembrou que a autopista AP-9 tería que ser gratuita “dende o ano pasado”, de non ser pola ampliación da concesión que aprobou hai 20 anos o Goberno de José María Aznar, unha medida cuxa legalidade está a ser analizada por parte da UE. Tamén recordou que esa autopista conta na actualidade con bonificacións grazas ao esforzo orzamentario que está a facer o Goberno central. 

O voceiro socialista subliñou, á vez, o apoio do PSdeG tanto á gratuidade da AP-9, xunto coa AP-53, como ao seu traspaso a Galicia, e interpelou ao presidente da Xunta para que solicite a reunión da Comisión Mixta de Transferencias entre a Xunta e o Estado. 

A dita comisión referiuse como o marco axeitado “para falar diso e doutras cousas, como a lei do litoral, tal como diciamos os socialistas hai xa un ano”. Por ese motivo, apelou á “racionalidade a ao sentido común”. “Se todos estamos de acordo, o que hai que facer é instar a que se reúna a comisión” e evitar “perder tempo noutras cousas”, dixo. “A pregunta —insistiu— é se o presidente da Xunta fixo os deberes e a pediu”. 

José Ramón Gómez Besteiro sinalou na súa comparecencia que o Partido Socialista “vai apoiar esa gratuidade e ese traspaso”, pero “entendo que debemos perdirlle ao Estado o mesmo que estamos dispostos a facer aquí”, dixo. 

O portavoz criticou que o PP votara no pleno do Parlamento de Galicia celebrado a semana pasada contra unha emenda coa que o Grupo Socialista reclamaba o mantemento das bonificacións das peaxes mentres non se acadaba a gratuidade da AP-9, e defendeu que “o camiño cara a gratuidade exemplifícase nesas bonificacións” por parte do Estado. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias