El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA GALEGA | ELECCIÓNS EUROPEAS

Casares visita a innovadora My Box Experience en Allariz

21-05-2024 15:14:06
Nicolás González (2i).

REDACCIÓN | Hoxe, o eurodeputado galego Nicolás González Casares acompañado polos deputados provinciais Elvira Lama e  Diego Fernández, tamén concelleiro de Cultura no Concello do Carballiño, visitaban as instalacións de My Box Experience no polígono industrial de Chorente, en Allariz, da man do seu CEO, David González Rey. Unha empresa que está a xogar un papel fundamental no pulo á economía circular e á innovación na construción modular en Galicia. 

Dedicada á construción de vivendas industrializadas, stands ou piscinas modulares a partir de contedores mariños en desuso, My Box Experience foi unha das catro empresas galegas beneficiarias do PERTE (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica) de Economía Circular xunto a Pet Select, Alumisel, Foresa e Ecocelta, recibindo 1,5 millóns de euros da partida total de 15 millóns de euros. "O traballo de My Box Experience é un exemplo claro de como as empresas galegas poden liderar o camiño cara a unha economía máis sostible e innovadora", sinalou González Casares. Mostra diso é o ambicioso proxecto no que están a traballar: a construción da primeira nave industrial transportable do mundo. 

"Cremos que con 40 traballadores facendo inovación e cun proxecto de crear a primeira nave industrial transportable con 200 contedores cun ecodeseño claramente vistoso e adaptado aos tempos e apostando pola autoprodución de enerxía solar, esta é unha boa proba de como se poden utilizar ben os fondos europeos no rural ourensán, fixando poboación e contribuíndo á sostibilidade", apuntaba o eurodeputado. 

Durante este período, Galicia recibiu máis de 2.490 millóns de euros dos fondos europeos a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, achega que fai posible que iniciativas como estas sexan unha realidade. Casares compartiu o compromiso dos socialistas por seguir traballando desde o Parlamento Europeo para que Galicia e as súas empresas continúen recibindo o apoio necesario para liderar proxectos transformadores e verdes, "a diferencia do Partido Popular, que non quixo que estes fondos chegaran a Galicia e a España". 


My Box Experience  

A empresa foi recentemente galardoada co premio PEME do Ano en Ourense polo Banco de Santander e está recoñecida como unha empresa Gacela no informe de Ardán polo seu rápido e sostido crecemento. Participou activamente na construción de vivendas nun tempo récord para La Palma trala erupción volcánica de hai case tres anos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias