El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Rueda iniciará en xuño unha rolda de contactos coa FEGAMP, Deputacións e alcaldes

30-05-2024 16:16:04
Alfonso Rueda, presidente da Xunta.

REDACCIÓN | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, iniciará en xuño unha rolda de contactos cos presidentes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e das catro deputacións provinciais; ademais de cos alcaldes das cidades cos que non se reuniu previamente, isto é, Vigo -que non acudiu ás anteriores roldas de encontros e xa manifestou o seu interese en facelo- e Lugo -tras asumir o cargo unha nova alcaldesa, sempre que así o solicite-. 

O obxectivo é manter un diálogo continuo cos representantes das administracións locais e coñecer de primeira man as súas necesidades para, desta forma, habilitar vías de colaboración institucional que vaian en beneficio dos cidadáns. 

É a terceira vez que o presidente da Xunta inicia unha rolda de contactos destas características. A primeira foi en 2022, uns meses despois de asumir o cargo, cando se reuniu cos alcaldes das cidades, agás Vigo. A segunda foi en 2023, cando mantivo xuntanzas cos alcaldes de Santiago de Compostela, Ourense, Ferrol, Pontevedra e Lugo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias