El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA GALEGA | ELECCIÓNS EUROPEAS

Sumar Galicia busca potenciar as investigacións rexionais en Europa

31-05-2024 12:21:45
O candidato Juan Díaz Villoslada.

REDACCIÓN | A investigación e a innovación como centro do avance e pedra angular das nosas universidades, ese é o futuro que dende Sumar Galicia queren potenciar en Europa, e por iso hoxe o candidato, Juan Díaz Villoslada, reuníase co equipo de Investigal.  

“Debemos primar os estudos de carácter rexional nos programas Horizonte Europa de investigación e innovación, facendo especial fincapé no ámbito cultural, lingüístico, histórico, social, arquitectónico ou antropolóxico” explica Villoslada, quen engade “as universidades galegas son berce de grandísimos investigadores e investigadoras, e o noso feito diferencial proporciona eidos de estudio moi interesantes que Europa debe incentivar”. 

Esta proposta súmase a outras de igual importancia, focalizadas no eido educativo, como a proposta dun Erasmus con LATAM, o aumento ata 2% do PIB o financiamento ás universidades e o 3% do PIB ao I+D, ou a presentada o pasado mércores en Ourense: “Apoiaremos a eurorrexión que conforman Galicia e o Norte de Portugal en moitos ámbitos, especialmente no campo da educación, que debe ser fundamental para as políticas europeas”, explica o candidato, que destaca que “dende Sumar apostaremos porque se leven adiante propostas como a implantación de graos e másteres compartidos entre as universidades galegas e portuguesas, e o desenvolvemento dunha FP dual transfronteiriza”. 


Macrogranxas 

Nunha comunidade como Galicia, onde a gandeiría é un sector coidado e primordial, coñecemos ben a necesidade de garantir o benestar animal, non só polo seu ben, senón tamén polo noso propio. Por iso, Villoslada reunirase en Vigo con Director de Dereitos Animais, para expor os puntos fundamentais quem a este respecto, a formación leva na súa proposta para as vindeiras eleccións europeas.  

“É fundamental acabar coas mega granxas de animais e o maltrato animal na gandeiría industrial. Aínda que a Comisión Europea non fixo nada coa histórica Iniciativa Cidadá para poñer fin á era das gaiolas, asumiremos a loita dos cidadáns para que o cultivo en gaiolas quede finalmente prohibido” explica o candidato, que engade “seguiremos loitando por máis regras estritas para protexer os animais durante o transporte comercial”. 

Para Villoslada “o coidado dos animais debe ir máis aló dos que consideramos animais de compañía, e iso en Galicia, onde coñecemos ben a gandeiría tradicional e a produción animal sostible, sabémolo moi ben. Garantir estas condicións redundará en melloras non so na vida dos animais, senón tamén nas nosas, con mellor calidade na nosa alimentación e menor impacto no medio ambiente”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias