REDACCIÓN | Grazas, Galicia! Pese ao resultado, canto gozamos dun día máxico. A Irmandiña regresou oito anos despois a un terreo de xogo, nun escenario idílico e co alento de máis de 15.000 almas, que levaron polo aire aos mozos dirixidos por Diego Martínez. A gran festa do fútbol galego arrincou cunha interpretación maxestosa do himno galego por parte das Tanxugueiras. Non o esqueceremos nunca.
Co pelota xa en marcha, a primeira parte foi igualada, aínda que a Galicia custoulle aproximarse á meta panameña. O bloque panameño marchouse gañando ao descanso grazas á súa efectividade para a meta contraria. O capitán Eric Davis adiantou aos seus cando non se cumpriu a primeira media hora ao transformar unha pena máxima e antes do descanso apareceu Miller para anotar o 0-2 á saída dun córner.Con anterioridade, Lucas Pérez tivo nas súas botas o primeiro tanto para os nosos, pero o seu remate marchouse fóra por pouco.
Co 0-2 chegouse ao descanso no Abanca Balaídos.Na segunda parte, e co carrusel de cambios nos dous equipos, Galicia foise arriba co obxectivo de meterse no choque. Con todo, os nosos careceron de precisión nos últimos metros para tentar meter man ao combinado panameño. Ler máis