El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O PEL da Deputación apoia a 427 pequenas empresas e profesionais autónomos

As comarcas máis beneficiadas son as de Santiago e Bergantiños-Costa da Morte, que concentran o 58,8%.

03-06-2024 16:39:29
Un trabador de PEL.

REDACCIÓN | A liña de axudas PEL-Emprende para investimentos da Deputación da Coruña destina este ano 3.954.376 euros para apoiar a 427 pequenas empresas e profesionais autónomos da provincia na realización de investimentos vinculados ao desenvolvemento dos seus negocios. 

A concesión das axudas publícase hoxe luns, 3 de xuño, no Boletín Oficial da Porvincia e supón un importante apoio económico  -de entre 2.450 e 17.500 euros- para 427 microempresas, pemes e autónomos con sede en concellos rurais (de menos de 10.000 habitantes) coas que poderán adquirir aplicacións informáticas, mobiliario, maquinaria ou equipos de información necesarios para o crecemento, modernización e dixitalización dos seus negocios. 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou que “os investimentos desta liña do PEL contribúen a consolidar e modernizar o tecido empresarial da provincia, facéndoo máis competitivo e dando un apoio fundamental para as persoas emprendedoras que apostan por crear un negocio, especialmente nos concellos máis pequenos da provincia”.  


Axudas fundamentais para impulsar o emprego no rural 

Formoso destacou que “unha das liñas estratéxicas da acción política da Deputación da Coruña neste mandato é a creación de emprego e actividade económica no rural, un aspecto fundamental se queremos fixar poboación e apostar por un rural vivo e con futuro”, afirmou o presidente, que destacou a “elevada demanda” coa que conta esta liña de axudas do PEL, o que obrigou a incrementar o orzamento do mesmo nun 43%, pasado dos 2,7 millóns orzamentados inicialmente a preto de 4 millóns de euros, “co obxectivo de atender o maior número posible de solicitudes”. 

Ademáis, o presidente lembrou que esta liña complementa a outros programas da Deputación como PEL-PEMES e PEL-Concellos, que este ano crearon xa 737 empregos tanto nos concellos como nas pequenas empresas da provincia. As axudas PEL-Emprende Investimento cubren ata o 70% dos investimentos realizados en aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información, cun importe máximo de 17.500 euros. Todos os investimentos deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa. 

Do total de entidades beneficiarias, o 79,86% son profesionais autónomos/as, con 341 solicitudes concedidas e un 87,35% das solicitudes concedidas pertencen a sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia (frente ao 31,36% do ano 2023), dos cales 195 adícanse á actividade agrícola, gandeira, forestal e pesca. 

Tamén cabe destacar que o 100% das empresas que reciben este ano as axudas de PEL-Emprende, non resultaron beneficiarias na convocatoria anterior e só un 3,14% foron beneficiarias algún outro ano. Cos criterios de valoración establecidos nas bases reguladoras o organismo provincial evidencia o esforzo por diversificar o apoio a novas empresas cada ano. 

No referente á distribución das axudas por concellos onde se localiza o domicilio fiscal das empresas, cabe destacar que a meirande parte proveñen de Mazaricos con 39 concesións, acadando así o 12,64% do orzamento total (498.435,12 euros), seguidas dos concellos de Fisterra e Val do Dubra en número de concesións, con 23 e 22 respectivamente. Entre os tres concellos supoñen preto do 20% das solicitudes concedidas. Sen embargo, no referente a distribución do orzamento por concellos, o concello de Mazaricos segue sendo o que acadou a maior parte do mesmo, pero o segundo máis beneficiado pasa a ser o concello da Baña con 17 concesións pero cun importe que ascende a 219.477,49 € seguido do de Fisterra que as 23 concesións alcanzan un importe de 138.662,95 €. 

En relación co anterior tamén cabe resaltar que 174 beneficiarios/as teñen o seu domicilio fiscal en concellos de 2.001 a 4.000 habitantes (o que representa o 40,75% do total) e 122 dos beneficiarios teñen o domicilio fiscal nun concello con poboación de 5.001 a 10.000 habitantes (o que representa o 28,57 % do total). O dato mostra un maior avance nas concesións a municipios máis pequenos respecto doutros anos, comparándoo coa concesión do 2023, os máis favorecidos ese ano foron os municipios de entre 5.001 a 10.000 habitantes (cun 38% das concesións) quedando este ano en segundo lugar en prol dos municipios máis pequenos.  

Estes datos mostran que os criterios establecidos na convocatoria son efectivos á hora de favorecer ás persoas autónomas, así como aos concellos máis rurais da provincia, cun 100% dos beneficiarios en concellos de menos de 10.000 habitantes e máis da metade das concesións en concellos de menos de 4.000 habitantes (57,37%).  


Dsitribución das axudas por comarcas 

Atendendo á distribución por comarcas, a de Santiago, é a que conta cun maior número de solicitudes concedidas con 151, o que supón 1.542.825,86 € en axudas, seguida da comarca de Bergatiños-Costa da Morte, cun total de 100 e un importe concedido de 735.740,05 €. Entre ambas comarcas concéntranse o 58,78% das solicitudes concedidas.  

A estas comarcas séguenlles a de Ferrolterra, Eume e Ortegal, con 70 solicitudes concedidas por importe de 522.228,25 € e a de Barbanza con 67 concesións, pero cun importe concedido maior que ascende a 718.430,19 €. As restantes, pertencen á comarca de Coruña- Betanzos, con 39 solicitudes concedidas e un montante en axudas de 422.846,34 €.  

Este programa de axudas non só proporciona un impulso financeiro necesario, senón que tamén fomenta a modernización e competitividade das microempresas e autónomos na provincia. Cun respaldo sólido e un enfoque estratéxico, a Deputación dá Coruña reafirma o seu compromiso co desenvolvemento económico local e o apoio ao emprendemento.Pode consultar a listaxe completa das solicitudes concedidas na seguinte ligazón ao BOP. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias