REDACCIÓN | O candidato socialista ao Parlamento Europeo Nicolás González Casares comprometeu hoxe o traballo do PSdeG no Parlamento Europeo para renovar os convenios de pesca sustentable, que permiten á flota exterior faenar en augas de terceiros países.
Tras manter unha reunión coa Organización de Productores de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín (Opromar), o eurodeputado socialista galego coincidiu na necesidade de abordar unha reforma da política común de pesca na próxima lexislatura, dado que distintos elementos da mesma, como a obriga de desembarque, demostraron non ser realizables tal e como foron concibidos.
Ademais, apuntou que deben mellorarse as condicións de traballo nos buques, e modernizalos, para atraer traballadores. E, para facilitar a descarbonización do sector, deben eliminarse as trabas da actual PPC en canto a arqueos e aumentar os límites de capacidade pesqueira en canto ao arqueo bruto e a potencia motriz, sen aumentar a capacidade dos buques para capturar peixe, todo o cal esixe axudas ao sector para facer posibles eses cambios.
González Casares reiterou a necesidade de cambiar a estructura da próxima Comisión Europea para que esta conte cun responsable en exclusividade para a Pesca, de maneira que as tres dimensións da política pesqueira común -social, económica e ambiental- estean en pé de igualdade.
Para o candidato socialista, o desempeño do actual comisario de Pesca, Virginijus Sinkevi?ius, deixou moito que desexar, dado que primou o seu rol como comisario de Medio Ambiente fronte á defensa dun “sector básico para a soberanía alimentaria europea” como é o pesqueiro. Departamento de comunicación