El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación renova a súa colaboración coa UDC

Para que o alumnado universitario que resida na Elvira Bao poda usar o comedor do IES Rosalía Mera.

10-06-2024 14:46:39
Valentín González Formoso (i).

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña renova o seu compromiso de colaboración coa Universidade da Coruña. O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o reitor da UDC, Ricardo Cao Abad, veñen de asinar un convenio de colaboración para o uso do comedor do IES Rosalía Mera polas persoas usuarias da residencia universitaria Elvira Bao da Coruña para o curso 2024-2025. 

Deste xeito, a institución provincial volve poñer a disposición das alumnas e os alumnos da residencia universitaria o comedor do centro educativo a través de 70 prazas para utilizar o servizo. Un servizo que estará dispoñible desde o inicio do curso, excepto os días de vacacións, festivos ou non lectivos. Ademais, para os casos nos que exista algún problema para asistir ao comedor de maneira presencial, ofrecerase ao alumnado a posibilidade de anotarse, cun mes de antelación, naqueles días da semana nos que fará uso deste servizo. 

As persoas usuarias da residencia que soliciten facer uso do comedor deberán identificarse á entrada do mesmo e rexeranse polos horarios establecidos: almorzo de luns a venres de 7:30 a 8:45 horas, xantar de luns a venres de 14:00 a 15:00 horas e cea de domingo a xoves de 20:30 a 21:30 horas. Ademais, os menús serán os mesmos que se ofrecen aos e ás estudantes do instituto Rosalía Mera. 

A sinatura deste convenio establece que a Deputación da Coruña percibirá, por parte da UDC, unha compensación anual polos gastos nos que incorra no desenvolvemento desta xestión. A contía varía segundo o número de días á semana e o réxime seleccionado: só xantar ou completo, no que se ofrece almorzo, comida e cea cinco días á semana por 226 euros ao mes. O importe será menor  (113 € ao mes) no caso das familias numerosas alumnos e alumnas que formen parte dunha familia numerosa. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias