El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destina 2,3 millóns en axudas a 1.106 profesionais autónomos da provincia

12-06-2024 12:45:37
PEL Reactiva.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a resolución de concesión definitiva das axudas da liña PEL-AUTÓNOM@S do Plan de Emprego Local (PEL), que sufragará parte dos custos por cotas á Seguridade Social dos/as traballadores/as por conta propia que conten cunha antigüidade inferior a cinco anos de alta e que teñan a súa sede social nun concello de menos de 20.000 habitantes.  

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que ao abeiro deste programa, un total de 1.106 profesionais autónomos recibirán este ano entre 1.200 e 2.400 euros para axudarlles no pago das cotas á Seguridade Social, cun investimento total que supera os 2,3 millóns de euros. 

Formoso subiñou “a importancia clave dos autónomos na economía e na creación de emprego en Galicia”, un colectivo ao que pertencen máis de 205.000 persoas na nosa comunidade. “Por iso decidimos crear esta liña de axudas, que cada ano é unha das máis demandadas do PEL, e incrementar o seu orzamento do millón de euros consignado no orzamento inicial aos 2,3 millóns, co obxectivo de atender o maior número de solicitudes posible”, apuntou. 

O presidente incidiu tamén en que as axudas van destinadas aos profesionais que exercen nos concellos de menor tamaño da provincia, co obxectivo de “favorecer o emprego e contribuír á fixación de poboación no rural”, un dos obxectivos estratéxicos do goberno provincial no presente mandato. 

Esta liña de axudas a autónomos é unha das que integran o PEL, unha aposta transversal do Goberno da Deputación á que se destinaron 106 millóns de euros nos últimos anos a través de diferentes axudas para contratar persoal, impulsar o emprendemento, apoiar o crecemento dos pequenos negocios e dos traballadores e traballadoras autónomos. Desde o seu inicio, o PEL permitiu a creación de 7.046 empregos nos sectores público e privado. 


Ordes, Teo, Boiro, Sada, Noia e Fisterra aglutinan o maior número de axudas concedidas 

En canto á distribución das axudas por concellos, os que contan cun maior número de solicitudes concedidas nesta convocatoria son: Ordes, con 43 solicitudes que supoñen un montante de 101.800 euros; Teo, cun total de 42 solicitudes concedidas por importe de 97.400 euros; e Boiro con 39 concesións e 88.400 euros en axudas, seguidos de Sada, Noia e Fisterra con 38, 37 e 34 profesionais autónomos/as beneficiarios/as e uns importes concedidos por concello de 88.600 euros, 81.600 euros e 79.200 euros. Entre estes seis concellos aglutinan o 22,93% das solicitudes concedidas totais. 

Segundo o domicilio fiscal, obsérvase que os municipios de entre 5.001 e 10.000 habitantes son os máis numerosos entre as persoas beneficiarias, con 428 concesións (42,13% do total), seguidos dos municipios de entre 10.000 a 19.999 habitantes, con 264 concesións (25,98% sobre o total). 

En canto a distribución das concesións por comarcas, Santiago é a que concentra un maior número de solicitudes concedidas, con 308 o que representa un 30,31%, por un importe de 712.800 euros; seguida da de Bergantiños-Costa da Morte con 202 concesións, un 19,88 % do total por un importe de 464.500 euros. Cabe destacar que das 1.016 persoas beneficiarias ás que se lles concede a axuda, 429 son mulleres autónomas. Isto supón o 42,22 % do total. 

Por sector de actividade, o terciario é o máis favorecido cun 66,99 % das concesións, especialmente o comercio (10,93%); seguido por unha actividade do sector secundario construción e reformas (10,63 %). No sector primario destaca a actividade agrícola que comprende o 3,35 % das concedidas. 

Dos sectores considerados estratéxicos, destacan as persoas autónomas dedicadas ás actividades agrícola, gandeira, forestal e pesqueira, cun 17,91% das concesións, é dicir 182, seguidas das que teñen como actividade o comercio con 12,50% concesións (12,50% das concesións) e, en terceiro lugar, os e as que se dedican ao transporte, con 48 concesións (un 4,72% do total). 

Do total de persoas beneficiarias, 631 non o tiñan sido en anualidades anteriores, o que supón que o 62,11% do total das persoas autónomas ás que se lle concede a axuda é a primeira vez que a recibirán. A listaxe completa na seguinte ligazón





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias