El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Rueda: "Somos orgullosamente galegos, españois e europeos porque somos como Galicia"

12-06-2024 15:06:33
Alfonso Rueda (2e).

REDACCIÓN | O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe que a victoria do partido nas eleccións ao Parlamento Europeo non só serve para que Europa “escoite, teña en conta e coñeza a Galicia”, senón que tamén reflexa a vinculación dos populares galegos co sentir da nosa Comunidade: “Somos orgullosamente galegos, españois e europeos porque somos como Galicia”. 

Ante o Comité Executivo do PPdeG, reunido hoxe en Santiago de Compostela, o líder dos populares galegos puxo en valor que Galicia se sitúa como unha das terceiras comunidades autónomas nas que o Partido Popular acadou mellor resultados. Ademais, Lugo e Ourense foron as provincias españolas con maior número de apoio ao partido. 

Un apoio que en toda Galicia ascendeu a case o 44% e que se materializou nunha vitoria en 303 concellos galegos. "O domingo triunfou o sentidiño e os galegos votaron pola estabilidade. Agora temos o deber de trasladar ese sentidiño  a esa estabilidade tamé a Europa"engadiu Rueda neste sentido. 

Fronte a un BNG que ofrece aos galegos “unha eurodeputada fixa discontinua a tempo parcial”, o presidente celebrou que Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez vaian ser “dous eurodeputados galegos que dedicarán as 24 horas dos próximos cinco anos a traballar por Galicia”. 

“Nós seguiremos traballando e reivindicando o que Galicia merece e necesita, nin máis nin menos que ninguén, senón o que nos corresponde”, concluíu en referencia á transferencia da AP-9 que se comezou a tramitar no Congreso e facendo unha contraposición cunha Yolanda Díaz que “nin ela sabe si se vai ou non” e un Pedro Sánchez que “vai empezar a pasar todas as receitas que tiña pendentes de pago”.


Congreso provincial do PP en Ourense

O Comité Executivo do PPdeG aprobou hoxe por unanimidade a convocatoria do 19º Congreso Provincial extraordinario do Partido Popular de Ourense, que se celebrará o próximo 13 de xullo. 

Un congreso que, segundo asegurou o presidente Rueda, se enmarca dentro da estabilidade e a orde coas que se fan as cousas no partido: “Somos o partido que máis se parece a Galicia e Galicia é unha terra ordenada á que lle gustan o sentidiño e a organización”. 

Poñendo en valor o apoio de máis dun 50% acadado polo partido na provincia nestas eleccións europeas, Rueda apostou por “seguir ofrecéndolle a Ourense un partido que acolle a cada vez máis persoas” e “continuar progresando dun xeito uniforme,  unido e coherente”. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias