El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso recoñece "o labor fundamental dos médicos rurais"

O presidente da Deputación, no XXX Congreso Nacional de Medicina General y de Familia.

13-06-2024 19:52:00
Valentín González Formoso (d).

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, xunto á presidenta da Sociedade Española de Medicina General (SEMG), Pilar Rodríguez Ledo, entregou hoxe un dos premios-beca de Medicina Rural outorgados por por SEMG-ASOMEGA no marco do 30º Congreso Nacional de Medicina General y de Familia que se celebra na Coruña e que reúne na cidade herculina a preto de 2.500 profesionais de todo o Estado. 

O galardón recoñece ao doutor José Manuel Lage Parente como impulsor do Museo Médico Rural de Maceda (Ourense), o seu municipio natal e onde exerceu a Medicina durante máis de catro décadas. O Museo contén máis de 2.000 pezas catalogadas, boa parte delas instrumental médico e cirúrxico. 

“Eu estiven alí e paga a pena coñecelo. É un repaso histórico á evolución da Medicina no rural durante o século XX”, afirmou Formoso, que incidiu na idea de que as deputacións deberán promover iniciativas como esta para “honrar aos médicos que durante tantos anos eran tamén amigos, veciños ou psicólogos e que vivían por e para os seus pacientes”. 

Formoso destacou “o labor fundamental dos médicos rurais”, xa que a Atención Primaria é “un piar fundamental do sistema sanitario” e “a porta de entrada” ao mesmo polo que “debe funcionar correctamente para que tamén funcione a Medicina especializada e hospitalaria”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias