El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

"A provincia que sabe" recibe o premio de Gente Viajera Galicia á mellor promoción turística

14-06-2024 10:24:50
O vicepresidente, Xosé Regueira (e).

REDACCIÓN | A campaña turística e gastronómica da Deputación da Coruña, ‘A provincia que sabe’, resultou gañadora dun dos Premios Gente Viajera de Galicia, organizados por Onda Cero. Fíxoo na categoría de ‘mellor promoción turística’, grazas a “ter en conta as necesidades tanto dos visitantes como da poboación local”, tal e como destacou o xurado, que tamén puxo en valor a “promoción da innovación nos procesos turísticos” da entidade provincial a través desta iniciativa. 

O vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, subiu ao escenario a recoller o galardón, que lle entregou Carles Lamelo, director do programa ‘Gente Viajera’. Durante a súa intervención, Regueira salientou “o elevadísimo nivel do sector agroalimentario e turístico”, protagonista da campaña, que ademais “xera riqueza e oportunidades no territorio”. “Un sector”, engadiu, “que está sendo recoñecido mundialmente grazas ao seu bo facer, e que nós podemos constatar en cada feira internacional na que nos acompañan”. 

Ademais, Regueira referiuse ao traballo de “cooperación e colaboración para facer do turismo un sector competitivo, de calidade e sostible”, e que reforza a súa “aposta polo territorio e polo país, dende o orgullo e o máximo respecto á contorna”. 

Entre os demais premiados atópase tamén a Reserva da Biosfera  Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo na categoría de ‘innovación turística e sostibilidade’. Un proxecto que conta co apoio da Deputación, e que “é sinónimo de “compromiso co territorio, profesionalidade e calidade”, tal e como afirmou o vicepresidente durante a súa intervención. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias