El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

COLEXIO OFICIAL DE MÉDICOS DA CORUÑA

Rueda afirma o compromiso do Goberno Galego coa sanidade pública

15-06-2024 17:12:32
Alfonso Rueda.

REDACCIÓN | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou hoxe o compromiso do Goberno galego coa sanidade pública e cos busca dos mellores equipos de profesionais para o sector. 

Así o explicou esta mañá durante a súa participación no XVI encontro do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, onde agradeceu o traballo dos facultativos, aos que cualificou como piar fundamental do sistema sanitario. No acto estivo acompañado polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. 

No acto, Rueda destacou a importancia do diálogo entre os colexios médicos e o Goberno galego que é “imprescindible” para seguir mantendo e mellorando unha sanidade pública “magnífica e para presumir”. 

Para garantir a calidade asistencial en toda Galicia, o goberno Galego está poñendo en marcha unha serie de medidas. Entre elas, como xa se anunciou, permitirase aos MIR de último ano que pasen consulta con supervisión, de forma voluntaria e incentivada, cumprindo o establecido no seu plan formativo, tal e como avalou o Ministerio de Sanidade. 

Por último, Rueda agradeceu a todo o persoal sanitario a súa implicación e avogou por seguir colaborando e dialogando cos colexios oficiais de médicos para afrontar xuntos os retos de futuro.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias