El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Os socialistas lamentan que o BNG pida que Navantia peche o reparto de novas incorporacións

18-06-2024 17:48:25
Patricia Otero.

REDACCIÓN | A deputada socialista galega Patricia Otero defendeu hoxe na Comisión de Industria e Turismo do Congreso que o reparto das novas 1.500 incorporacións de traballadores e traballadoras entre os distintos centros de traballo de Navantia se faga “atendendo ao actual volume de traballo, pero tamén ao que poida vir, ademais de que o plan de adecuación do cadro de persoal estea aliñado cos obxectivos estratéxicos” da empresa pública.  

Así o recolleu o Grupo Parlamentario Socialista na emenda que presentou a unha proposición non de lei do BNG na que os nacionalistas demandaban un reparto atendendo unicamente á carga de traballo que existe na actualidade nos diferentes centros da compañía, co que “pretendía deixar pechado un número concreto de novas incorporacións” para Ferrol. 

Tal como explicou Otero, esa medida podería causar un prexuízo para o estaleiro galego. “Que pasaría se nun futuro precisamos no centro de Navantia en Ferrol dun maior número de traballadores que os acordados hoxe? Pararíamos a produción por falta de operarios?”, preguntouse. 

“Non queremos condicionar e limitar hoxe o futuro de Navantia Ferrol por falta de persoal”, insistiu a deputada do PSdeG, que lamentou que o Bloque parecese querer que a planta galega “non teña máis carga de traballo”. Recordou, ademais, que o volume de pedidos está determinado “pola propia evolución dos programas”, entre outros factores que o fan variable.  

“Botamos en falta que o BNG se alegre cando chegan boas novas para Galicia e que non celebre os investimentos e os novos postos de traballo para Ferrol e a súa comarca”, dixo Patricia Otero para detallar, a continuación, que eses investimentos “teñen nome e apelido: Pedro Sánchez”. Entre algúns datos, citou os 439 millóns de euros para a construción dun novo buque para a Armada, que se une a encargos en marcha coma os das cinco fragatas F-110, cun investimento total de 4.300 millóns e que garanten actividade para 9.000 persoas durante a vindeira década. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias