El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

PPdeG | COMISIÓN EUROPEA

Os eurodeputados do PPdeG solicitan que tome medidas ante o "fraudulento engano aos galegos" da papeleta compartida polo BNG con Esquerra e Bildu

20-06-2024 11:22:03
Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez (e).

REDACCIÓN | Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia veñen de poñer en coñecemento da Comisión Europea a “práctica fraudulenta” na que incorreu o BNG ao ocultar aos votantes galegos a súa coalición con Esquerra Republicana e EH Bildu nas súas papeletas e publicidade electoral no marco das recentes eleccións ao Parlamento Europeo. 

A través dun escrito remitido polos eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez á vicepresidenta da Comisión para Valores e Transparencia, V?ra Jourová, os populares galegos denuncian que, a pesar de que o BNG concorreu ás eleccións integrado nunha lista na que Ana Miranda ocupaba o terceiro posto logo da candidata de ERC —Diana Riba— e o candidato de EH Bildu —Pernando Barrena—, nas papeletas e na publicidade electoral en Galicia só aparecían os candidatos do BNG. É dicir, omitíronse aos outros candidatos da coalición. 

Unha práctica que, a pesar de non estar prohibida pola lexislación nacional, induce aos votantes a acudir ás urnas sen coñecer con exactitude a quen están votando. De feito, a candidata electa do BNG anunciou logo das eleccións que só ocupará o seu escano unha parte da lexislatura, cedendo o seu posto a un eurodeputado de Esquerra Republicana durante o tempo restante. 

"Este pacto de reparto dos tempos entre os candidatos non se explicitou antes dos comiciospolo que os galegos e galegas que votaron por esta coalición confiando en elixir a unha representante da súa Comunidade no Parlamento Europeo atoparanse sen representación por parte do BNG entre 2027 e 2029”, sosteñen desde o PPdeG. 

Cómpre lembrar que o Parlamento Europeo aprobou unha Resolución o 3 de maio de 2022 sobre o réxime electoral europeo, na que o artigo 17.4 establece que "nas circunscricións nacionais, as papeletas utilizadas nas eleccións ao Parlamento Europeo serán uniformes, darán a mesma visibilidade aos nomes, siglas, símbolos e logotipos, se os houbese, dos partidos políticos nacionais ou das agrupacións de electores nacionais, así como aos das entidades electorais europeas cando estean afiliadas a algún deles, e presentarán a lista de nomes dos candidatos e, no seu caso, dos suplentes, na orde en que figuren nas correspondentes listas electorais". 

Por todo isto, solicitan á Comisión que tome medidas “no marco da loita contra a desinformación”, para evitar que “no futuro se repitan estas prácticas fraudulentas” e garantir ademais a transparencia dos acordos de coalición nas eleccións europeas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias