REDACCIÓN | Logo da publicación das bases do XX Premio Pura e Dora Vázquez no Boletín Oficial da Provincia do mércores 19 de xuño, está aberto o prazo para presentar traballos que concorran a este certame creado e impulsado pola Deputación e que conta con dúas modalidades: narración e ilustración, dirixidas ao público infantil ou xuvenil, de temática libre. Este ano, tras 10 edicións onde a contía dos premios en ambas modalidades foi de 1.500 euros, duplícase a mesma ata 3.000 euros en cada categoría.
Os textos que concursen na modalidade de narrativa presentaranse en A4 e, se é posible, tamén en soporte dixital. A extensión deberá estar entre as 25 e as 100 páxinas, escritas en Word, en tipografía times new roman, tamaño 12 e interlineado 1,5. O prazo de presentación de exemplares estará aberto ata o 2 de setembro de 2024 e o xurado elixirá un texto gañador antes do 12 de setembro.
Unha vez coñecido o fallo na modalidade de narración, quedará aberto o prazo de presentación de orixinais de ilustración, que rematará o 29 de novembro. Con ambas obras premiadas, a Deputación editará un libro que pasará a formar parte do fondo da Editorial Deputación de Ourense, tal e como está previsto no plan anual de publicacións 2024. Departamento de comunicación