El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

VIGO

Novo acto de protesta ante o Ifevi contra uns comuneiros de Cabral aos que lles medran os problemas xudiciais

23-06-2024 12:25:54
Novo acto de protesta.

REDACCIÓN |  Membros da Plataforma Galega de Afectados polas Comunidades de Montes e da Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca) reuníronse hoxe fronte ás instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para reiterar a súa oposición á actual directiva da Comunidade de Montes Santa Mariña de Cabral, entidade que celebraba unha asemblea ordinaria no interior do edificio. 

Os congregados repartiron pasquíns sobre a campaña de recadación de fondos iniciada para sufragar as costas do procedemento xudicial que sufriron dous irmáns que perderon un terreo de Cotogrande a mans desa CC MM, e insistiron en denunciar o “acoso” dos comuneiros para facerse con propiedades de empresas e particulares. 

Quixeron chamar a atención tamén sobre un dos puntos a debater durante a devandita asemblea, a proposta de que sexa a propia Comunidade de Montes quen asuma as costas dos múltiples procedementos xudiciais que se están a abrir pola xestión da súa directiva. 

Para a Plataforma, a situación desa xunta directiva e do seu presidente é cada día máis delicada, pois non só enfróntase a numerosos procesos derivados do “saqueo” de naves industriais ou parcelas privadas, senón que están a coñecerse casos nos últimos tempos claramente susceptibles de seguir a vía penal, como o relativo a unhas obras executadas á beira do río Lagares, moi preto do seu nacemento, que supuxeron a imposición dunha sanción de case cen mil euros por parte da Xunta de Galicia á Comunidade de Montes de Cabral. 

A maiores, a protesta denunciou tamén as irregularidades da xunta reitora no deseño e convocatoria da propia asemblea que se estaba a desenvolver no Ifevi, dado que, unha vez máis, separouse a celebración da mesma da votación, que está prevista para os días 27, 28 e 29 de xuño, unha fórmula contraria á Lei de Montes Veciñais en Man Común do 89 e aos propios estatutos da CC MM. 

Así mesmo, os congregados reprobaron a resistencia da actual directiva a admitir novos comuneiros. Este feito xa foi reiteradamente denunciado na vía xudicial e derivou en sentenzas que recoñeceron a condición de comuneiros dos demandantes. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias