El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DIPUTACIÓN DA CORUÑA

Turismo da Deputación participa no TrasanFest

28-06-2024 12:21:56
Imagen de archivo.

REDACCIÓN | A parroquia de Transaquelos (Oza – Cesruas) converterase, a partir do sábado, no escenario da terceira edición do TrasanFest, un festival que se celebra en plena montaña e que combina música, natureza e gastronomía. A área de turismo da Deputación da Coruña estará presente neste evento, impartindo showcookings con ‘A Artesa da Moza Crecha’ e con postos de gastronomía e artesanía de diferentes produtores locais. 


Showcookings 

O sábado, no “Lago de abaixo”, os chefs da betanceira “A Artesa da Moza Crecha” ofrecerán dous showcookings, ás 13:30h e ás 14:30h, de pratos elaborados con produtos de proximidade. O público asistente poderá degustar mexillón de Lorbé en Escabeche de Moringa, Alga e Sushizu con Hummus de Coral de Marisco e Xelatina de Vermouth; Polbo con Vinagreta de Panceta de Porco Celta con Cremoso de Cachelo a Feira e Queixo con Marmelo: Espuma de Queixo con Gelé de Marmelo e Miga de Bica. En paralelo, durante a sesión vermú que terá lugar nese mesmo espazo, de 13h a 16h, os Bodegas Lodeiros, A Conserveira, Casa da Avoa e O Forno de Guísamo ofrecerán os seus produtos locais. 


Produtos locais de gastronomía e artesanía 

Estes produtores agroalimentararios estarán tamén na zona do mercado, a partir das 16h, xunto a Doces Raizame; Martietas de Fío; Pandejuevo; Mel Apia Natura e Cafés Lúa. En canto aos produtores de artesanía, participarán no festival Rocigarcía Cerería Contemporánea; Susana Anta (cerámica); Carlos Afonso Rubio Pita (madeira); Comeluz (artes gráficas); Vacatola (coiro) e Cecilia Machado (cesteiría). 

O vicepresidente, Xosé Regueira, salientou a importancia de colaborar con eventos como este, “respectuosos co medio, e que promocionan lugares tan únicos como a parroquia de Trasanquelos, ao mesmo tempo que xeran oportunidades e riqueza no territorio”. “O Trasanfest é a oportunidade perfecta para gozar da nosa natureza, gastronomía, artesanía e música nun mesmo espazo e tempo”, engadiu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias