El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Tomé Roca participa en Sevilla na Comisión de Deputacións da FEMP

01-07-2024 16:53:17
José Tomé Roca (c).

REDACCIÓN | O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou hoxe en Sevilla na Comisión de Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Un encontro que acolleu o Conxunto Monumental de San Luis dos Franceses e que reuniu a máis dunha trintena dos seus Presidentes e Presidentas. A reunión, que foi a primeira que celebra a Comisión tras ser constituída no Senado en febreiro, serviu para debater diversas cuestións para o conxunto das entidades locais. 

No seo deste encontro quedou constituída a Subcomisión Permanente da Comisión de Deputacións Provinciais, Consellos e Cabidos Insulares, da que entrou a formar parte José Tomé Roca. Este órgano intermedio reúnese con maior frecuencia e acorda cuestións relevantes que logo se levan para a súa aprobación ás reunións periódicas que celebra a Comisión. 

Hoxe informouse sobre a dixitalización do Rexistro Civil, que permitirá realizar eses trámites de xeito telemático. A Directora Xeral de Seguridade Xurídica e de Fe Pública do Ministerio de Xustiza, María Ester Pére, solicitou a colaboración da FEMP para que se implante esta mellora no conxunto dos municipios de España na maior brevidade posible para avanzar dun xeito coordinado. 

Ademais,  a Secretaria Xeral do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, María González, deu conta do avance do programa A Administración cerca de ti do Goberno de España. Unha iniciativa á que xa están adheridos 665 concellos do país, dos que 54 son da provincia de Lugo. A iniciativa desenvólvese en concellos que contan entre 500 e 8000 habitantes de todo o territorio e o Goberno de España vai programar un conxunto de sesións informativas no territorio para ensinar e facilitar os trámites que se poden facer na  Administración Xeral do Estado.  

Así mesmo, deuse cumprida información sobre unha nova Ordenanza de Xestión de Residuos, sobre a Ordenanza de tipo de Transparencia pública- aprobada pola Xunta de Goberno da FEMP-, e a reactivación das regras fiscais de 2024, entre outras cuestións. 

Acordouse tamén que a vindeira Conferencia de Presidentes de Deputacións provinciais, Cabidos e Consells Insulars sexa no mes de outubro en Palma de Mallorca e que organizará o Consell de Mallorca, patrono e coorganizador do evento. Neste encontro debateranse temas de interese como a transformación dixital (intelixencia artificial e ciberseguridade), a loita contra a despoboación e reto demográfico, a financiación dos gobernos locais e a función de asistencia e cooperación de municipios, entre outros asuntos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias