El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación financia o 80% do ciclo da Academia de Ciencias "Fronteiras, desde a orixe do universo ata a exploración espacial"

02-07-2024 17:17:29
Valentín González Formoso (e).

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña financia o 80% do custo do ciclo “Fronteiras, desde a orixe do universo ata a exploración espacial”, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias e con sedes en Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña. 

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o presidente da Academia, Juan Manuel Lema Rodicio, asinaron onte o convenio que regula esta colaboración. Nel establécese unha achega de 20.000 euros para o desenvolvemento da acción formativa, que conta cun orzamento total de 25.000. 

Deste xeito, durante catro días do pasado mes, as tres cidades da provincia acolleron unha serie de seminarios sobre o coñecemento actual do cosmos. A partir de 12 relatorios, a acción incidiu na física de partículas e a súa vinculación coa cosmoloxía, a visión que proporcionan os novos telescopios Cherenkov, os avances na busca de planetas habitables e o desenvolvemento na exploración espacial que se está a acadar cos telescopios en órbita. 

Formoso destacou a aposta da Deputación por apoiar este tipo de iniciativas co fin de consolidar a provincia coruñesa como unha referencia no eido do coñecemento e das novas tecnoloxías, una cuestión na que Administración provincial está especialmente implicada a través de diferentes iniciativas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias