El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destaca o "paso adiante" que supón a posta en marcha do "Proxecto The Key"

A nova escola de empregabilidade da Cidade das TIC.

03-07-2024 16:08:31
Rosa Ana García (3e).

REDACCIÓN | A deputada de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García, destacou hoxe o “paso adiante” que supón para a Cidade das TIC da Coruña a posta en marcha do ‘Proxecto The Key’, a súa nova escola de empregabilidade. No acto de  presentación do plan de estudos e emprego, García puxo en valor “a aposta pola formación técnica para persoas con competencias técnicas”.A representante da Deputación da Coruña quixo felicitar aos responsables desta iniciativa por “impulsar esta formación que pasará a ser referencia en Galicia pola súa especifidade”. Neste sentido, cómpre destacar que ‘The Key’ conta co apoio da institución provincial e en outubro comezará a ofrecer os seus dous primeiros programas formativos: Enxeñaría de Intelixencia Artificial Xerativa e Arquitectura Cloud AWS. Ambas as dúas son formacións que contarán con 20 prazas dedicadas a formar a graduados ou profesionais tecnolóxicos para desempeñar funcións de alto nivel de especialización. García engadiu que ‘The Key’ permitirá “terminar de moldear o talento e responder ás necesidades do mercado”. Un mercado que ten unha alta presenza na provincia da Coruña, pois segundo os datos do Clúster Galego das TIC, case o 70% das empresas do sector teñen base no territorio coruñés.“Somos unha referencia a nivel galego e, seguro, pronto o seremos a nivel estatal grazas aos froitos que darán a Cidade das TIC ou a consolidación da cidade da Coruña como sede  da Agencia Española de Inteligencia Artificial. Este nacemento do Proyecto The Key é, sen lugar a dúbidas, un paso fundamental neste proceso de maduración”, manifestou. Rosa Ana García finalizou destacando que esta iniciativa complementa os servizos da Cidade das TIC, que xa conta con espazos para o asentamento de empresas, para a investigación e, moi cedo, co vanguardista plató virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI) impulsado pola Deputación da Coruña. A deputada lembrou que o ente provincial amosou unha gran ambición impulsando estas instalacións, ás que destina preto 9 millóns de euros, cofinanciado con fondos propios e fondos do Plan de Recuperacion- Next Generation UE do Goberno de España . “O gasto é importante, pero sabemos que dará os seus réditos. Porque a partires deste mesmo ano, este plató permitirá non só aumentar a competitividade das empresas galegas do sector, senón tamén atraer producións de televisión, cine e videoxogos de toda Europa grazas á súa singularidade”, rematou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias