El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O goberno de Luis López incrementa en máis dun 20% o orzamento en Cultura

09-07-2024 14:58:47
Deputación de Pontevedra.

REDACCIÓN | O goberno de Luis López ten incrementando no primeiro ano á fronte da Deputación o orzamento en Cultura en máis dun 20%, aumentando todas as liñas de subvencións para promover as múltiples expresións artísticas galegas como nunca antes se fixera. Deste xeito, con preto de 5 millóns de euros destinados a Cultura, a área de goberno que dirixe Jorge Cubela, a institución provincial ten optimizado todos os programas culturais cuxas diferentes liñas incrementaron a súa contía este ano entre o 10 e o 25% apostando, ademais, por converter aos concellos e entidades en protagonistas da programación da Deputación. 

Os principais programas, Culturea , +Música e o de teatro, teñen incrementado o orzamento entre o 20% e o 25%. O primeiro deles,  Culturea, cun orzamento dun millón de euros (25% máis que o ano pasado) vai dirixido a asociacións de veciños e comisións de festas da provincia que poden solicitar actuacións de ata 1.300 grupos de música, teatro ou, entre outras disciplinas, danza. Pola súa banda, +Música conta neste 2024 cun orzamento de 600.000 euros, o que supón un 20% máis que o destinado polo goberno anterior, cos que os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes están a programar actuacións de música. Finalmente, o programa de teatro nos concellos supera os 150.000 euros e supón, igual que o anterior, un incremento dun 20% con respecto ao 2023. 

O mesmo acontece coas diferentes liñas de subvencións que xestiona o servizo de Cultura, que supoñen un incremento de entre un 10% e un 20%. Así, a liña de axudas dirixidas a festivais audiovisuais ou a festivais musicais e de artes escénicas, ambas dotadas con 165.000 euros, subiron un 10%. Pola súa banda a liña de patrocinios de producións audiovisuais tense incrementado un 17%, con 105.000 euros en total, e inclúe como novidade con respecto ao ano anterior o patrocinio de series. Ademais as axudas para actividades culturais incrementáronse nun 20%, cun orzamento global de 300.000 euros cos que se poderá facer fronte a actividades, intercambios e participacións en festivais nacionais e internacionais. Finalmente, aínda que están sen convocar, está previsto que as axudas para escolas de música medren en máis dun 11%, chegando aos 100.000 euros neste primeiro ano de mandato de Luis López á fronte da Deputación de Pontevedra. 

A área de Cultura que xestiona Jorge Cubela está traballando para incrementar, de cara aos vindeiros exercicios, a súa dotación orzamentaria, para avanzar na conservación da cultura, na recuperación e difusión das tradicións galegas, na protección e difusión do patrimonio material e inmaterial da provincia, así como na realización de actividades de promoción cultural e turística. Contempla, ademais, recuperar ao longo deste mandato as axudas destinadas a colectivos para a adquisición de instrumentos e vestiarios e prevé impulsar unha programación cultural que englobe programas e actividades que se prevén realizar tanto nos concellos como nos espazos propios da Deputación. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias