El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

FISTERRA | XAPÓN

O solpor unirá a Fisterra coa localidade xaponesa de Nachikatsuura o vindeiro martes 23

Ese día coinciden os momentos exactos do amencer nipón co da posta de sol na Costa da Morte.

13-07-2024 11:04:11
O solpor.

REDACCIÓN | O vindeiro martes 23 poñerase o sol en Fisterra aproximadamente ás 22:00 horas, xusto no mesmo momento no que sairá na localidade xaponesa de Nachikatsuura, no que serán xa ás 05:00h xa do día 24 en Xapón. Esta coincidencia, que so se produce 2 días ao ano, é o motivo de unión entre ambos territorios, que contemplarán ao mesmo tempo o solpor fisterrán e o amencer nipón, mediante videoconferencia, nun evento que se celebrará simultaneamente nos dous lados do mundo. 

O Semáforo de Fisterra será o escenario no que se poderá visualizar esta dobre estampa, nunha pantalla partida que amosará nun lado o sol saíndo polo Océano Pacífico e, no outro, o mesmo sol afundíndose no Atlántico, nun acto que contará con intervencións de representantes de ambos países. 

A Deputación da Coruña apoia esta iniciativa, coordinada polo físico e catedrático da USC Jorge Mira, que parte dun estudo seu. O vicepresidente, Xosé Regueira, destaca que “queremos celebrar este vínculo que une dous territorios a máis de 10.000 km de distancia”. Unha unión “que vai máis aló”, apunta Regueira, “xa que compartimos moito máis que eses dous días nos que coinciden o solpor e o amencer: orgullo da nosa autenticidade como territorio, unha identidade que representa a nosa razón de ser e un respecto absoluto pola contorna”. Cuestións “que defendemos dende a Deputación como fitos irrenunciables e transversais, e que definen as nosas estratexias turísticas”.  

Ademais, ambas localidades comparten a súa condición de seren extremos de dúas rutas de peregrinación declaradas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: o Kumano Kodo – Camiño de Kumano – e o Camiño de Santiago de Compostela. 

Deste xeito, o vindeiro 23 de xullo en Fisterra celebrarase " a unión entre Fisterra e Nachikatsuura, Galiza e Xapón”, nun evento institucional no que se poderá visualizar nunha mesma pantalla, de xeito simultáneo, o sol nacente xaponés e o mesmo sol desaparecendo en Europa. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias