El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón chama á mocidade a ser o motor de cambio

15-07-2024 15:10:38
Ana Pontón (d).

REDACCIÓN | A portavoz nacional, Ana Pontón, participou en Vigo na presentación da nova imaxe de Galiza Nova, un acto no que se referiu á mocidade como o “motor do cambio” para construír unha Galiza que lle dea máis oportunidades, na que a xente nova non teña que elixir entre “a emigración ou a precariedade” e no que poida emanciparse e desenvolver o seu proxecto de vida. 

“Sempre somos militantes de Galiza Nova. Eu son, fun e sempre serei desta organización”, díxolles Pontón aos mozos e mozas que participaron na presentación dunha imaxe que se renova despois de 36 anos como símbolo da mocidade que se implica, “que quere a Galiza e quere ter un futuro aquí, aportando o seu grao de area para que este sexa o País no que poder facer realidade os seus sonos”, asegurou. 

Pontón fixo así un chamamento á militancia da organización xuvenil do Bloque, a primeira do País,  a “seguir empuxando” nunha “mobilización permanente”, contribuíndo a darlle ao BNG máis forza como a alternativa que este País precisa para poñer en marcha a mellor Galiza a través dun cambio que xa está en marcha, “como quedou demostrado nas pasadas eleccións é que será imparable da man de Galiza Nova e do BNG”, proclamou Pontón. 

Animou así á mocidade a continuar traballando “con toda a forza, ilusión e entusiasmo” para acadar máis apoios, sumando nova militancia,  para levar a cabo as políticas transformadoras que defende o BNG fronte a un goberno do PP que non lles da alternativas de futuro.   

“As políticas do PP están facendo que miles de mozos e mozas deste País teñan que emigrar ou non se podan emancipar”, denunciou Pontón, que aproveitou para criticar ao Goberno de Rueda por “dinamitar” a política social de vivenda e contribuír a que “hoxe ter traballo non sexa sinónimo de poder emanciparse e desenvolver un proxecto de vida”. 

Pontón destacou o traballo feito por Galiza Nova consolidándose como “peza fundamental do nacionalismo”, e emprazou á organización a incorporar ao seu proxecto novos membros axudando así a “ensanchar” a base  do Bloque, “a única forza que ten a cabeza e o corazón en Galiza para defender os intereses da mocidade”, instando a unha mobilización permanente  porque “as cousas non se mudan dun día para outro”. 

“Nas pasadas eleccións xa vimos que en Galiza hai un cambio en marcha. A veces os cambios costan máis do que nos gustaría pero eu sei que grazas á vosa foza este cambio é imparable”, afirmou Pontón, nunha nova chamada a manter o “inconformismo e a rebeldía” da mocidade como motor da alternativa. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias