El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

PARLAMENTO EUROPEO | EURODEPUTADOS GALEGOS

Millán Mon e Adrián Vázquez aspiran a "converter as prioridades galegas en prioridades europeas"

16-07-2024 17:59:29
Eurodeputados do PPdeG.

REDACCIÓN | Os eurodeputados galegos Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez aspiran a que nesta nova lexislatura que se iniciou hoxe no Parlamento Europeo “as prioridades galegas se convertan en prioridades europeas” e “impere un pouco o sentidiño que tanto caracteriza a Galicia” tamén en Bruxelas. 

Ambos coinciden na importancia de que a nosa Comunidade conte con representación en Europa e por iso celebran poder contar co apoio dos 188 parlamentarios que integran o grupo do Partido Popular Europeo na tarefa de “defender a singularidade de Galicia nas cuestión que lle afectan”. 

Entre estas cuestións, segundo explica o pontevedrés Francisco Millán Mon, destacan especialmente aquelas vinculadas ao sector primario “tan importante para a nosa terra”. Tamén os fondos europeos, a política demográfica, unha industria que “debe estar enfocada á creación de emprego de calidade” e uns acordos comerciais que sexan “equilibrados tanto para exportar como para importar”. 

Deste xeito e logo duns anos nos que o Parlamento Europeo “deu máis malas que boas noticias a Galicia”, esta nova lexislatura será, en opinión de Adrián Vázquez, a oportunidade para reivindicar as prioridades galegas e ocuparse delas nun contexto global marcado pola inestabilidade e os conflitos que asolan as nosas fronteiras. 

O parlamentario lalinense comprométese ademais a visitar “todos e cada un dos 313 concellos de Galicia” ao longo destes próximos anos co fin de “trasladar as demandas dos nosos alcaldes e concelleiros ás institucións europeas”. 

Tanto el como Millán Mon coinciden en contrapoñer a unidade do Partido Popular Europeo á hora de “votar sempre a favor de Galicia”. Algo que os diferenciaría dos eurodeputados do PSOE e especialmente do BNG, sobre todo en cuestións como a condena á invasión rusa de Ucraína. 

Vázquez invita por último a Ana Pontón a que, cando vaia a Bruxelas, “inclúa na foto ao condenado por pertenza a banda armada e á condenada por subverter a orde constitucional española cun referendo ilegal en Cataluña cos que foi na lista o BNG, así como o candidato de ERC co que comparte escano nesta lexislatura”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias