El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | CASO SOGAMA

O consello de administración de Sogama aproba actualizar o canon pola xestión de residuos de 2024

17-07-2024 15:46:23
Instalaciones de Sogama.

REDACCIÓN | O consello de administración de Sogama aprobou hoxe a proposta de actualización do canon que aplica aos concellos por asumir a xestión e o tratamento dos seus residuos, en resposta ás decisións do Goberno central adoptadas no último ano e medio e que están a ter un grande impacto económico no custo do servizo. A Xunta, en todo caso, transferirá nos próximos días 9 millóns de euros ás 295 entidades locais que están adheridas ao modelo Sogama co fin de minimizar o impacto da medida. 

Así, acordouse que o importe medio a pagar este ano por parte dos 295 concellos que envían os seus residuos a Cerceda quede fixado en 66 euros por tonelada, descontada xa a achega da Xunta ás entidades locais a través dun Fondo de cooperación adicional e que sería de 12 euros/tonelada. 

A empresa pública incidiu ante o consello de administración en que, incluso despois de aplicada a actualización proposta, o canon de Sogama seguirá sendo o máis barato de España en comparación co resto de plantas de tratamento de residuos municipais da súa mesma tipoloxía. 

A continuación, a empresa pública remitirá este acordo á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que, previo informe do departamento de Facenda e Administración Pública, procederá a aprobar o novo canon deste ano. 

Cómpre lembrar que en 2023 Sogama asumiu integramente o encarecemento do servizo en 2023, que ascendeu a un total de 21,9 millóns de euros, debido á entrada en vigor do novo imposto estatal á vertedura e á incineración -contra o que a Xunta xa presentara alegacións-, á recuperación do imposto estatal do valor da enerxía eléctrica e á eliminación da retribución que viña percibindo Sogama polo investimento realizado na súa planta termoeléctrica. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias