REDACCIÓN | José Manuel Miñones, portavoz de Sanidade na Executiva do PSdeG, expresou o seu agradecemento ao Goberno de España polo seu compromiso coa Atención Primaria en Galicia. Nunha valoración realizada hoxe, Miñones destacou a recente aprobación de novos fondos por parte do Consello de Ministros destinados a reforzar a Atención Primaria.
"Desde o PSdeG queremos mostrar o noso agradecemento ao Goberno de España pola aposta que está a facer", afirmou Miñones, que lembrou que onte, o Consello de Ministros aprobou novos fondos para reforzar a Atención Primaria en Galicia: “Más de 11 millóns de euros que a Xunta terá para a formación de profesionais, a mellora de centros de saúde, a compra de equipamento ou mesmo a dixitalización”.
Estes fondos, sinalou o socialista, “súmase ás xa considerables investimentos recibidos pola Xunta para a compra de equipos de alta tecnoloxía en hospitais, a construción de centros de saúde a través do Plan INVEAT, a Protonterapia, a Saúde Mental, a Formación, a saúde bucodental e os fondos COVID”.
Miñones destacou a importancia destes recursos no fortalecemento do sistema de saúde galego. "Estes fondos son vitais para asegurar que os nosos centros de saúde poidan ofrecer un servizo de calidade, con instalacións adecuadas e persoal ben capacitado", dixo. "A dixitalización e a adquisición de novos equipos permitirán ademais mellorar a eficiencia e a atención aos pacientes”, explicou o ex ministro.
Miñones instou á Xunta a utilizar estes cartos de maneira efectiva e a evitar que queden sen gastar, como ocorreu con outras partidas no pasado: "Pedimos a Rueda, en primeiro lugar, que aproveite estes fondos e execúteos, para que non pase como noutras ocasións onde os recursos quedaron sen utilizar", manifestou.
A transparencia e a correcta comunicación da procedencia destes fondos foron outros puntos crave na valoración do portavoz de Sanidade do PSdeG: "É fundamental que se informe adecuadamente á cidadanía sobre a orixe destes recursos para evitar apropiacións indebidas. Ademais, solicitamos que na elaboración dos novos orzamentos non se reduzan as partidas económicas destinadas a sanidade debido á entrada destes fondos", agregou.
Miñones subliñou a necesidade de incrementar o orzamento de sanidade a nivel autonómico, en liña co esforzo realizado polo goberno central. "Os socialistas galegos pedimos á Consellería de Sanidade que incremente o orzamento destas partidas, como está a facer o goberno central, o goberno de Pedro Sánchez, e que demostre con feitos o que di con palabras. Sen diñeiro e investimentos, as palabras, desde logo, caen en saco roto", dixo Miñones. Departamento de comunicación