El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A deputada de lingua fai entrega dos galardóns do XV Premio Rosalía de Castro de Lingua

20-07-2024 18:37:30
XV Premio Rosalía de Castro de Lingua.

REDACCIÓN | O coruñés Circo de Artesáns converteuse hoxe no escenario de posta de largo do XV Premio Rosalía de Castro, convocado pola Deputación da Coruña para recoñecer iniciativas, traballos e traxectorias comprometidas coa promoción e dignificación da lingua galega. 

A deputada de lingua, Soledad Agra, entregou os galardóns ás propostas premiadas: Pilar García Negro, Nova Escola Galega, e Aquí tamén se fala, nun acto conducido por María Obelleira, que contou tamén coa cantante Marián Romero. 

“Rosalía de Castro volve ó circo de artesáns, a esta sociedade creada por artesáns e comerciantes da Coruña convertida no centro da cultura da cidade e de Galiza desde hai séculos” afirmou a deputada. “Os premios Rosalía de Castro de lingua non poden ter un mellor nome, e supoño que para as nosas premiadas hoxe tampouco, porque compartimos o amor pola nosa lingua. Por iso, o voso traballo, énchenos de orgullo e de gratitude, porque o voso esforzo, a vosa dedicación, a vosa defensa do noso ben máis prezado, é para nós unha referencia”.  

Soledad Agra fixo referencia, así, ás tres propostas premiadas de cada unha das categorías: Pilar García Negro na de persoas, “unha das imprescindibles na análise certeira da situación lingüística deste país, na descuberta da Rosalía feminista, defensora dos oprimidos, reivindicativa da lingua e do orgullo do noso”; Nova Escola Galega na de entidades “43 anos traballando para unha transformación democrática da educación, reivindicando un modelo de escola pública crítica, participativa, con fonda preocupación polo desenvolvemento cultural galego e moito material editado para a formación docente en didáctica da lingua galega” e Aquí tamén se fala, “a sorpresa do ano” na categoría de iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade, “polo traballo incansable de Alberto Pombo e Arcadio González, xunto coa rapazada do IES Rafael Dieste, que levou a cada recuncho do noso país ese slogan con tanto significado detrás”.  

“É un orgullo premiarvos, porque vos sodes o  premio de todas as persoas que amamos a nosa lingua”, concluíu a deputada. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias