El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro avanzoulle ao comité de empresa de Alcoa a autorización de tres novos parques eólicos que garantirán enerxía "limpa e máis barata" para a planta

22-07-2024 16:22:14
Besteiro e o comité de empresa de Alcoa.

REDACCIÓN | O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou hoxe que o Goberno ten previsto aprobar en cuestión de días as autorizacións para a construción de tres novos parques eólicos que abastecerán de enerxía a planta de Alcoa en San Cibrao. Durante unha reunión co comité de empresa, explicou que, tras a aprobación dos parques Tesouro (50,4 MW) e Santuario (161 MW) a principios de mes, en poucos días terán o visto e prace proxectos que suman 278 MW máis á rede que dará servizo á factoría da Mariña. 

Besteiro felicitouse das “boas novas” que este mes de xullo trouxo para Alcoa, coa incorporación de preto de 500 megavatts ao futuro subministro de enerxía eléctrica “limpa e máis barata”. Os tres novos parques son os denominados Barqueiro (126 MW), Moeche (50,4 MW) e Badulaque (102,4 MW). 

O tamén portavoz socialista no Parlamento Galego asistiu ao encontro na compaña do senador César Mogo, a deputada Patricia Otero, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o alcalde de Foz, Francisco Cajoto. Besteiro destacou que o Partido Socialista acudiu á xuntanza, tras a petición da representación laboral, a maiores das reunións periódicas da comisión de seguimento do acordo entre traballadores e empresa.  

Ademais de mostrar o seu compromiso coa “continuidade e a viabilidade” de Alcoa, defendeu o acordo que asinaron empresa e traballadores “para que se cumpra, e se non é con esta empresa, con outra solvente”. Nese senso, Besteiro insistiu en que a planta debe manterse, pero “sobre todo” o persoal. 

A aprobación este mes de cinco proxectos que facilitarán un subministro eléctrico axeitado a Alcoa é un novo paso por parte do Estado para “garantir a viabilidade do negocio do aluminio”, asegurou José Ramón Gómez Besteiro. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias